Solomon Jones III, nado o 16 de xullo de 1984 en Eustis, Florida, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que actualmente é axente libre.
Traxectoria Universidade Solomon foi á Mount Dora High School, dende onde saltou á Universidade de Florida do Sur. A súa primeira tempada pasouna en branco, e no seu ano sophomore asinou 6,6 puntos e 6,2 rebotes. Foi na súa terceira tempada cando amosou unhas calidades que se viron reflectidas nos seus números: 13,2 puntos, 9,2 rebotes e 3,1 tapóns, rematando 2º na clasificación de reboteadores e taponadores da Big East nun equipo frouxo coma Florida do Sur (que paradoxalmente compite nunha grande conferencia como a Big East). Algúns dos seus mellores partidos foron estes: 7 puntos, 17 rebotes, 5 asistencias e 5 tapóns fronte a Villanova; 12 puntos, 12 rebotes e 6 tapóns fronte aos Huskies e 23 puntos (9 de 10 en tiros), 9 rebotes, 3 asistencias e 2 tapóns fronte a Georgetown.
NBA Solomon Jones foi elixido polos Atlanta Hawks no Draft da NBA de 2006 no posto nº 33. No seu ano coma rookie fixo 3,3 puntos e 2.2 rebotes nunha tempada na que unicamente contou con minutos cando os partidos estaban resoltos. A súa mellor actuación chegou no último encontro dos Hawks, fronte aos Indiana Pacers, onde asinou 14 puntos, 8 rebotes e 2 tapóns. Outra das súas actuacións máis salientables tivo lugar o 23 de decembro fronte aos Detroit Pistons, onde fixo o seu primeiro e único dobre-dobre ata o momento: 10 puntos e 10 rebotes. O 30 de xullo de 2009 asinou polos Indiana Pacers coma axente libre.
En 2012, uniuse aos Los Angeles Clippers, pero foi cortado tras xogar 10 partidos. O 15 de febreiro de 2012, asinou un contrato de dez días cos New Orleans Hornets. O 27 de febreiro de 2012, asinou cos Hornets un segundo contrato de dez días.
O 12 de abril de 2013, asinou un contrato cos New York Knicks.. Foi cortado tres días máis tarde.Knicks Waive Solomon Jones
En setembro de 2013, asinou cos Orlando Magic.Magic Sign Osby, Four Others; Prepare for Camp O 4 de xaneiro de 2014, foi cortado polos Magic. O 10 de febreiro de 2014, foi adquirido polos Erie BayHawks da NBA Development League.BayHawks Add Nine-Year NBA Veteran
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en NBA.com de Solomon Jones Estatísticas de Solomon Jones
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Florida