Oyama (小山市, おやまし, Oyama-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kantō e ao sur da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 171,61 km², a poboación é de 163.549 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 953 h/km².
O concello de Oyama limita cos concellos de Nogi, Fujioka, Ōhira, Tochigi, Shimotsuke, Mooka (que son da prefectura de Tochigi); de Chikusei, Yūki e Koga (que son da prefectura de Ibaraki).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Oyama .
Categoría:Prefectura de Tochigi Categoría:Concellos do Xapón