miniatura|dereita|Debuxo beatnik de Jah Maya.
Beatnik é un termo inventado en 1958 polo xornalista estadounidense Herb Caen co fin de parodiar e referirse despectivamente á xeración beat e mais os seus seguidores, apenas meses despois de que se publicase On the Road (O Camiño), a novela-manifesto do movemento escrita por Jack Kerouac.
Historia Os escritores beat rexeitaron o termo por despectivo, non obstante este foi adoptado e difundido amplamente polos medios de comunicación, aplicándoo a un estereotipo xuvenil distinguible pola forma de vestirse e arranxarse que se fixo moda, e relacionándoo cunha actitude proclive á preguiza, o desenfreo sexual, a violencia, o vandalismo e as cuadrillas de delincuentes.
Co tempo a denominación rematou sendo aplicada de xeito indiscriminado, tanto ao estereotipo, coma aos artistas da xeración beat e os seus seguidores. Os beats e os beatniks diluíronse na segunda metade da década dos sesenta, inmersos nos movementos contraculturais como os encarnados polos hippys, a música rock, a revolución sexual, as loitas antirracistas ou as manifestacións en contra da guerra do Vietnam.
Fóra dos Estados Unidos, ambos os dous termos, "beat" e "beatnik", foron utilizados como sinónimos, sen percibir o sentido paródico do segundo.
Etimoloxía A palabra "beatnik" foi acuñada por Herb Caen, un popular xornalista de San Francisco, para referirse aos beats ou a Xeración Beat, que estableceran o seu principal centro de reunión en North Beach. Caen, quen varios anos despois gañaría o Premio Pulitzer, inventou o termo nun artigo escrito no San Francisco Chronicle o 2 de abril de 1958, fusionando as verbas "beat" e "Sputnik". O Sputnik 1 foi o primeiro satélite artificial da humanidade que fora lanzado pola Unión Soviética seis meses antes, converténdose nun símbolo, tanto do poderío soviético como da ameaza para os Estados Unidos de América no marco da guerra fría, debido ao cal desatou unha vaga de temor masivo entre os estadounidenses. O vincular a Xeración Beat co Sputnik soviético tiña como obxectivo mostrala como "non americana" (non estadounidense).«Xornalista: Que opina de ser o Rei dos Beatniks?; Allen Ginsberg: Bueno, ti sabes que eu nunca fun un beatnik, non?; Xor.: Como evolucionou a palabra?; AG: Bueno, primeiro foi Xeración Beat... logo o Sputnik subiu, recordas? Logo eles chamárono beatnik».Texto orixinal en inglés«Q: What do you think of being King of the Beatniks?; A: Well, you know I never was a beatnik, doncha?;Q: How did the word evolve?; A: Well, first it was Beat Generation... then Sputnik went up, remember? Then they called it beatnik».- Campbell, James. "The birth of the beatnik", The Richmond Review, 1999. Nalgunhas páxinas web menciónase erroneamente que a verba derivou da fusión dos termos "beat" e "nudnik", palabra yiddish que significa "aburrido" ou "obtuso".
Criticando a terxiversación do termo, Allen Ginsberg, un dos principais referentes da Xeración Beat, escribiu unha carta ao New York Times, logo de que o periódico a utilizara reiteradamente nun artigo referido ao escritor, para deplorar "a enganosa palabra beatnik", dicindo que "se foran os beatniks e non os iluminados poetas beat quen invadiran este país, non serían creados por Kerouac senón pola industria dos medios de comunicación de masas, dedicados constantemente ao lavado de cerebro do Home"."If beatniks and not illuminated Beat poets overrun this country, they will have been created not by Kerouac but by industries of mass communication which continue to brainwash man". Campbell, id. ut supra
Pola súa parte Jack Kerouac, quen inicialmente definira o termo "beat" como "abatido, desprezado e maltreito" (beat down), oito meses despois precisou o seu significado no Foro Brandeis "Hai unha Xeración Beat?" ("Is There A Beat Generation?") realizado o 6 de novembro de 1958 no Hunter College Playhouse de Nova York. Os participantes eran o propio Kerouac, James A. Wechsler, o antropólogo de Princeton Ashley Montagu e o escritor Kingsley Amis. Wechsler, Montagu e Amis presentáronse vestidos con traxes, mentres que Kerouac o fixo con vaqueiros negros, botas e unha camisa de cadros brancos e negros. Lendo un texto que xa tiña preparado, Kerouac reflexionou sobre o significado e o sentido do "beat":
A diferenza entre "beat" e "beatnik" 250px|miniatura|Allen Ginsberg e Peter Orlowski. Na xerga local estadounidense da época, o termo "beat" indicaba a cultura, a actitude e a literatura, mentres que a palabra "beatnik" utilizábase para estereotipar a cultura beat, tal como aparecía nos personaxes de historieta, moitas veces violentos, que difundían os diarios e revistas.
Esta distinción entre "beat" e "beatnik" foi analizada polo profesor Ray Carney da Universidade de Boston, unha autoridade en cultura beat, en The Beat Movement in Film, unha serie de notas súas realizadas para unha mostra de 1995 organizada polo Museo Whitney:
Os termos Xeración Beat e beat corresponden ao movemento literario antimaterialista iniciado a comezos da década do 50 entre os que destacaron escritores como Jack Kerouac, John Clellon Holmes, Allen Ginsberg, Timothy Leary, Neal Cassady e William Burroughs, que a mediados dos anos 60 se diluíu como tal para influír decisivamente nos movementos contraculturais xuvenís que se desenvolveron na segunda metade da mesma, e particularmente en músicos claves, como Bob Dylan, Syd Barrett, The Fugs (grupo no que contribuíu directamente Allen Gingsberg), The Doors e The Beatles.
A filosofía beat era basicamente contracultural, antimaterialista, anticapitalista e antiautoritaria, que remarcaba a importancia de mellorar a interioridade de cada un máis alá das posesións materiais e das regras impostas polo sistema. Outorgáronlle unha grande importancia á liberdade sexual e ás drogas como métodos de exploración interior. Algúns escritores beat achegáronse a relixións orientais como o budismo e o taoísmo. En política tendían a ser demócratas ou socialdemócratas de centro esquerda (chamados "liberals" nos Estados Unidos), apoiando causas como as loitas antirracistas deses anos, aínda que algúns dos seus integrantes como William Burroughs, adheríronse a ideas paleoconservadoras. Na arte adoptaron unha actitud aberta cara á cultura afroamericana, algo que resultou moi notable no jazz e no rock and roll, aínda que a Xeración beat manifestou unha aberta preferencia polo jazz moderno e un certo desprezo polo rock and roll.
En "Aftermath: The Philosophy of the Beat Generation", Jack Kerouac oponse a esta distorsión das súas ideas:
O estereotipo beatnik: entre a persecución e a parodia miniatura|200px|Portada do San Francisco Chronicle de xuño de 1958: "Corpo espido na rúa. Moza 'Beatnik' asasinada por mariñeiro na procura amor". Desde finais da década do 50 os medios de comunicación amosaron e difundiron reiteradamente o estereotipo do mozo beatnik (antiamericano, preguiceiro e delincuente), apartándose do perfil rebelde e solitario, relacionado coa cultura beat, que presentaran actores como James Dean e Natalie Wood en Rebelde sen causa (1955).
En xuño de 1958 Connie Sublette, unha das mozas novas que frecuentaban o grupo beat que acostumaba instalarse nos bares expreso e realizar reunións no North Beach de San Francisco (zona que comezou a ser coñecida como "Beatnik Land"), resultou asasinada por un mariñeiro negro co que estaba mantendo relacións sexuais.Connie Sublette, era unha rapaza de 20 anos, divorciada dun amigo de Jack Kerouac, Al Sublette. Ese ano de 1958, súa nai falecera e ela divorciárase do seu esposo, para formar parella pouco despois co músico saxofonista Paul Swanson. O 15 de xuño de 1958, Swanson morreu ao caer accidentalmente do teito do Party Pad. Connie desesperada pola tristeza perdeu entón o control e emborrachouse. Nesas condicións, chorando desconsoladamente, foi atopada nun portal, polo mariñeiro Frank Harris, quen se encontraba tamén drogado con heroína. Harris ofreceulle consolo, que Connie aceptou. Comezaron a bicarse e ela espiuse preparándose para manter relacións sexuais. Nese momento Connie comezou a dar voces chamando polo seu ex-esposo, e Harris, co fin de evitar ser descuberto cunha branca núa (nunha época de fortes prexuízos raciais) fíxoa calar, aforcándoa co pano dela.
O feito foi cuberto polo San Francisco Chronicle de forma sensacionalista co seguinte título de portada: "Corpo espido na rúa. Chica beatnik asasinada por mariñeiro na procura de amor". Poucos días despois, o alcalde da cidade daba a súa opinión sobre o caso e a "Xeración beat":
No marco do caso da "rapaza beatnik estrangulada", o Chronicle publicou dous artigos titulados "Vida e amores entre os beatniks", escritos por Allen Brown, no que se describe un día típico dun beatnik: levantarse tarde, sen bañarse nin afeitarse nin limpar os dentes, poñéndose a primeira vestimenta a man tomada ao chou dun monte de roupa sucia e pasar o resto do día na casa de rosquillas (bagel shop) gastando todo o seu diñeiro en café. Brown conclúe dicindo que «case todos os beatniks queren morrer pero, case tanto como á morte, aman falar».
miniatura|200px|Titulares do San Francisco Chronicle de 1958 referidos ao xuízo contra o "Rei dos Beatniks".• "Persoa desaparecida: Estudante de secundaria perdida en Beatnikland?"• "Rapaza beatnik fala sobre a viaxe con dous homes".• "Mantéñase afastado dos beatniks: Nord sentenciado a ir a traballar". Case simultaneamente os medios da cidade anunciaron a desaparición doutras dúas beatniks, menores de idade, presentándoas con evidente intencionalidade como "voluptuosas". As rapazas realmente fóranse de viaxe durante a fin de semana con Eric "Big Daddy" Nord, titular do club Nord’s Party Pad, coñecido como o "Rei dos Beatniks" e un amigo. Ambos beatniks foron detidos, encarcerados e condenados "a traballar" con liberdade condicional de tres anos, por un xurado local, co argumento de que "induciran ao crime" ás dúas menores de idade. O fallo foi moi criticado pola súa evidente arbitrariedade, resultante á súa vez dun notable prexuízo antibeatnik. Ao dar a coñecer a decisión, o xuíz dixo: «Vostede e os seus amigos en beatnikland enfatizan os seus inusuais modos de dar a impresión de que vostede ten talento, habilidade e categoría, cando en realidade, calquera persoa que o mire, dáse de conta de que vostede non ten talento ningún».«You and your friends in beatnikland emphasize your unusual ways to give an impression that you have talent, ability and stature, when actually a person looking into you finds no talent at all». Christoher, id ut. supra
Na televisión estadounidense, os beatniks apareceron co personaxe de Maynard G. Krebs, interpretado por Bob Denver na popular comedia The Many Loves of Dobie Gillis (1959-63), consolidando o estereotipo do beatnik inimigo do traballo. O personaxe de Shaggy no debuxo animado Scooby-Doo, creado a finais da década do 60, está inspirado no de Maynard G. Krebs. miniatura|150px|esquerda|Estereotipo de "muller beatnik".
En 1959 estreouse a película The Beat Generation asociando o movemento co crime e a violencia. O mesmo pasou o ano seguinte co filme The Beatniks. Esta distorsión aplicaríase tamén aos hippies uns anos despois. Outras películas que difundiron o estereotipo do beatnik violento foron High School Confidential (1958), The Bloody Brood (1959), The Rebel Set (1959), Beat Girl (1960), The subterraneans (1960) e The wild ride (1960).