San Vicente de Barrantes é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2022 tiña 877 habitantes (451 homes e 426 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Vicente é de orixe románica, é formou parte do mosteiro de San Salvador de Barrantes, fundado na terceira década do século XII.

De sur a norte, nesta parroquia se atopanVisor do mapa básico da Xunta: contra o Alto da Pedrada (516 metros de altitude, que fai de divisoria entre esta parroquia, a de Tomiño e a de Burgueira, Oia no concello de Oia) as mámoas de Monte Pedrada e o xacemento medieval da Madanela no propio curuto; a necrópole medieval de Roteavella e o Outeiro do Castro antes de Cristelos de Abaixo; as mámoas dos Curros, as mámoas de san Xinés, os petróglifos das Tomadas do Vinculado e a mámoa do Alto da Cruz na estrema oriental con Burgueira, Oia; a mámoa do Cerro da Veiguiñas onda Vilachán do Monte; e máis ó norte os petróglifos da Rochiña.

Música A Banda de Gaitas de San Vicente de Barrantes, dirixida por Hipólito Cabezas, gañou a XVIII Liga Galega de Bandas de Gaitas.

Festas Celébranse tres festas: a de San Xosé Obreiro, o 30 de abril e 1 de maio, a romaría de Grixó, o terceiro domingo de agosto, e a festa de San Miguel, o 29 de setembro.

No monte da Pedrada, o cumio máis alto do concello, celébrase en xullo unha romaría na honra da virxe da Magdalena.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da parroquia de Barrantes

Parroquias de Tomiño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño

Categoría:Parroquias de Tomiño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente