miniatura|Tumba de José Marchesi Dalmau no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. José Marchesi Dalmau, nado na Coruña o 17 de decembro de 1827 e finado o 1 de novembro de 1896 en San Pedro de Nós, foi alcalde da Coruña.
Traxectoria Membro dunha familia de orixe boloñesa, foi alcalde da Coruña en dúas ocasións: 1890 e 1893. Durante a súa xestión fixéronse multitude de melloras na cidade, como a creación da praza de María Pita, o novo trazado da avenida dos Cantóns, o empedrado da rúa Real e o contrato e realización da traída de auga á cidade.
Ten dúas rúas adicadas na Coruña: Alcalde Marchesi (en Catro Camiños) e Marchesi Dalmau (a carón do Obelisco dos Cantóns).Rueiro do concello da Coruña
Notas
Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1896 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración