Girolamo Fabrizi d'Acquapendente, (en latín, Hieronymus Fabricius; en galego, Xerome Fabricio), nado en Acquapendente en 1537 e finado o 21 de maio de 1619, foi un destacado anatomista italiano.
Traxectoria Biografía académica Fabricio estudou en Padua, onde terminou ocupando a cátedra de cirurxía até entón nas mans do seu antigo profesor Gabriele Falloppio (1523-1562). O seu alumno máis soado será William Harvey (1578-1657), con quen lle unirá unha longa amizade e ao que axudará considerablemente nos seus traballos sobre a circulación sanguínea.
Labor thumb|Operationes chirurgicae, 1685.
Fabricio foi o primeiro en aplicar exhaustivamente o método de Vesalio da observación directa ao estudo dos embrións. Así mesmo, foi pioneiro na publicación de ilustracións baseadas no estudo sistemático do desenvolvemento do pito.
Grazas á disección de animais, Fabricius investigou a formación do feto, a estrutura do esófago, o estómago e o intestino, así como as particularidades do ollo, o oído e a larinxe. A súa principal achega foi o descubrimento das válvulas membranosas no interior das veas.
Fabricio estudou a embrioxénese de varios vertebrados, facendo especial énfase na anatomía dos embrións máis que nos procesos de desenvolvemento. A bolsa de Fabricio das aves (órgano inmunitario e hematopoético) recibe ese nome no seu honor. A súa visión da nova embrioloxía está presente na influencia que exerceu sobre William Harvey.
Bibliografía Os seus escritos de anatomía e fisioloxía foron reunidos baixo o título de Opera omnia anotomica et phisiologica e os seus tratados de cirurxía na súa Opera chirurgica(1617).
Notas William A. Locy (1925). The Story of Biology. Columbia University Press : xiv 495 p. Oppenheimer, J. (1967) Essays in the history of biology and embryology, M.I.T. Press.
Véxase tamén Ligazóns externas Obra de Fabricius
Categoría:Médicos de Italia Categoría:Nados na provincia de Viterbo Categoría:Nados en 1537 Categoría:Finados en 1619