<font color=#FF4000 size="3"> Florida Gators División División I da NCAA Subdivisión en fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS) Conferencia Southeastern Conference Alcume Gators Mascota Albert E. Gator Estadio de fútbol americano Ben Hill Griffin Stadium(93.548 espectadores) Pavillón de baloncesto Stephen C. O'Connell Center(12.000 espectadores) Estadio de béisbol Alfred A. McKethan Stadium(5.000 espectadores) 300px miniatura|300px|Ben Hill Griffin Stadium miniatura|300px|O'Connell Center miniatura|300px|O'Connell Center Florida Gators é o equipo deportivo da Universidade de Florida en Gainesville, Florida. Os equipos dos Gators participan nas competicións organizadas pola NCAA, e forman parte da Southeastern Conference.

esquerda|miniatura|210px|Afección dos Gators. Os Gators son famosos polos seus equipos de fútbol americano, que gañou o título nacional en 1996 e 2006; e de baloncesto, que o fixo en dúas ocasións consecutivas, 2006 e 2007. O programa de baloncesto foi mediocre ata mediados dos anos 90, e no ano 2000, liderados por Mike Miller, chegaron á Final Four.

O equipo feminino de fútbol tamén gañou un título, en 1998.

Baloncestistas do nivel de Mike Miller, Jason Williams, Udonis Haslem, David Lee e Joakim Noah foron alumnos da Universidade de Florida, ademais do nadador español Martín López-Zubero.

Palmarés Fútbol americano : 1996, 2006, 2008 Baloncesto masculino : 2006, 2007 Golf masculino : 1968, 1973, 1993, 2001 Golf feminino : 1985, 1986 Natación masculino : 1983, 1984 Natación feminino : 1979 (AIAW), 1982 Ximnasia : 1982 (AIAW) Tenis feminino : 1992, 1996, 1998, 2003 Tenis feminino (indoor) : 1988, 1991, 1992, 1996, 1997, 1999 Atletismo feminino (indoor) : 1992 Fútbol feminino : 1998

Deportes Os Gators participan nas seguintes modalidades deportivas: Masculino Fútbol americano Béisbol Baloncesto Cross Tenis Atletismo GolfFeminino Baloncesto Cross Golf Ximnasia Fútbol Softball Tenis Atletismo Lacrosse Voleibol

Baloncesto Os Gators, cuxas orixes remóntanse a 1915, posúen o récord de 2 campionatos da NCAA gañados. O equipo da UF adestrado por Billy Donovan gañou 2 títulos en 3 tempadas.

Un total de 25 xogadores dos Gators chegaron á NBA.

Fútbol americano O equipo creouse en 1906. É, sen dúbida, o deporte que máis éxitos deu á UF, con 3 títulos da NCAA e 8 títulos de conferencia. Ademais, tres dos seus xogadores conseguiron o prestixioso Trofeo Heisman. Disputaron 35 bowls.

Béisbol Creado en 1912, ademais de 5 aparicións nas World Series universitarias. 7 xogadores desta universidade xogan actualmente na MLB.

Ligazóns externas Gatorzone Gator Country Gatorpedia.com Gator Envy Flordia Gator News

Categoría:Equipos da NCAA