A comuna de Anaa é unha comuna da subdivisión Tuamotu-Gambier na Polinesia Francesa, situada no centro do arquipélago. Consta de dúas comunas asociadas, Anaa e Faaite, máis dous atois deshabitados, Tahanea e Motutunga, que dependen de Faaite. A capital da comuna é Tukuhora, en Anaa. Está separado por unha distancia duns 60 km dos outros tres atois que forman unha aliñación no nordés.

Faaite Faaite é un atol situado a 60 km ao norte de Anaa. A superficie total é de 9 km². A lagoa interior ten un paso navegable ao océano. A vila principal é Hitianau, cunha poboación total de 246 habitantes.

Foi descuberto polo inglés John Turnbull en 1802, o primeiro comerciante do Pacífico que facía a ruta de Tahití a Hawai. Historicamente o atol tamén se coñeceu co nome de Miloradovich.

Tahanea Tahanea é un atol de 63 km², con tres pasos cara ao interior da lagoa. Está deshabitado e visitado ocasionalmente. Foi descuberto por Domingo Bonaechea en 1772, chamándoo San Xulián. Tamén se coñeceu co nome de Tchitschagof.

Motutunga Motutunga é un atol deshabitado, cun paso ao interior da lagoa non navegable. Domingo Bonaechea chamouno San Blas. Tamén se coñeceu co nome de Adventure.

Illas Capital Habitantes(2002) Superficie(km²) Lagoa(km²) CoordenadasAnaa Tukuhora 437 37,7 105 Comuna asociada de FaaiteFaaite Hitianau 202 8,9 230 Motutunga - - 1,4 126 Tahanea - - 8,3 545 Comuna d'Anaa Tukuhora 639 55,65 1.006

Categoría:Tuamotu