Dev Patel, nado o 23 de abril de 1990 en Harrow, Londres, é un actor inglés de orixe india, concretamente guxaratí. Os seus pais naceron en Kenya, na comunidade hindú, pero coñecéronse en Inglaterra.
Traxectoria persoal Dende pequeno practicou varias artes marciais, conseguindo en 2006 o cinto negro en taekwondo. Foi medalla de bronce nesa disciplina nos Campionatos Mundiais da Action International Martial Arts Association de 2004 en Dublín. Ten máis de 30 medallas de varias competicións.
Traxectoria profesional Dende rapaz tivo interese pola interpretacións e comezou no teatro escolar. Despois pasou á Whitmore High School, onde conseguiu notas relevantes en drama emocionando os profesores o que o levou a se presentar ás audicións da serie Skins, na que conseguiu o seu primeiro papel interpretando a un paquistaní, en 2007, con 17 anos. Con ese papel, fíxose famoso no Reino Unido pola interpretación de Anwar Kharral nas dúas primeiras tempadas da serie.
O ano seguinte debutou no cine con Slumdog Millionaire, o filme de Danny Boyle, co papel de Jamal Malik. En 2010, foi un dos protagonistas do filme The Last Airbender, baseado na serie de debuxos animados Avatar: The Last Airbender, e aínda que recadou 150 millóns de dólares, Patel foi nomeado nos Premio Golden Raspberry 2014 como o peor actor.
En 2014, participou na serie The Newsroom, durante 25 episodios.
Filmografía +TelevisiónAnoTítuloPapelNotas2007–2008SkinsAnwar KharralPersonaxe principal2009Mister ElevenCamareiroPapel menor2012-2014The NewsroomNeal Sampat25 episodios +CineAnoTítuloPapelNotas2008Slumdog MillionaireJamal MalikProtagonista2010The Last AirbenderZukoAntagonista2012The Best Exotic Marigold HotelSonny KapoorAbout CherryAndrew2014The Road Within Alex2015Chappie Deon WilsonThe Second Best Exotic Marigold HotelSonny KapoorThe Man Who Knew InfinityS. Ramanujan2016LionSaroo Brierley2018Hotel BombaiArjun
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Allmovie Ficha en TV.com Sitio oficial de Skins
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Harrow Categoría:Nados en 1990