Sarigan é unha pequena illa das Illas Marianas do Norte. A illa atópase a 153 km ao norte de Saipan e ten unha superficie de 4.966 km². Anteriormente a illa estivo poboada, pero segundo o censo realizado no 2000 está deshabitada.

A illa foi descuberta en 1669 polo español Diego Luis de San Vitores, que tamén iniciou a súa colonización. Desde 1900 ata 1945, houbo en Sarigan unha poboación Chamorra que traballou na produción de copra. A illa é unha reserva natural, esta deshabitada desde principios de 1990, cando se iniciou un proxecto para librar Sarigan das especies introducidas polos humanos, só quedan uns poucos gatos. A illa é o lugar proposto para o traslado de aves en perigo de Guam e Saipan.

A aterraxe en Sarigan é difícil debido aos cantís que rodean a illa. Ten moitos barrancos e vales con densa vexetación tropical.

Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas Marianas Categoría:Illas dos Estados Unidos de América Categoría:Illas deshabitadas Categoría:Illas e arquipélagos de Micronesia