Watchmen é un filme de 2009 dirixido por Zack Snyder baseado no cómic do mesmo nome da autoría de Alan Moore e Dave Gibbons. O filme está protagonizado por Malin Åkerman, Billy Crudup, Matthew Goode, Carla Gugino, Jackie Earle Haley, Jeffrey Dean Morgan, Patrick Wilson, Matt Frewer, Stephen McHattie e Laura Mennell. Comezou a filmarse en Vancouver (Canadá) en setembro de 2007 a súa estrea foi o 6 de marzo de 2009, tanto en cinemas convencionais como en IMAX, recadando 55 millóns de dólares na primeira semana e 180 en todo o mundo. O argumento céntrase nun grupo de ex gardas, os watchmen nun 1985 alternativo, nun momento álxido da guerra fría con fortes tensións entre os Estados Unidos e a Unión Soviética.

Sinopse Nos Estados Unidos dos anos 80 a guerra fría está no seu apoxeo, e os superheroes, que antes foran admirados, agora son perseguidos pola lei. Un día aparece morto un deles, "O Comediante", que traballaba para a CIA. O seu amigo Rorschach, o único heroe enmascarado en activo, emprenderá a investigación da súa morte, trala que se agocha algo moi importante.

Personaxes Jackie Earle Haley como Walter Kovacs / Rorschach Patrick Wilson como Daniel Dreiberg / Nite Owl II Billy Crudup como Jon Osterman / Dr. Manhattan Malin Åkerman como Laurie Juspeczyk / Silk Spectre II Matthew Goode como Adrian Veidt / Ozymandias Jeffrey Dean Morgan como Edward Blake / The Comedian Carla Gugino como Sally Jupiter / Silk Spectre

Galardóns e nomeamentos 2009: Saturn Awards: Mellor filme fantástico, mellor vestiario. 8 nomeamentos. 2009: Asociación de Críticos Online: Nomeado a mellor actor secundario (Jackie Earle Haley). 2009: Asociación de Editores de Son: Nomeado a mellor edición de son. 2009: SFX Awards: Nomeado a mellor filme e mellor director.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Zack Snyder Categoría:Filmes con banda sonora de Tyler Bates Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes sobre a Guerra do Vietnam Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1939 Categoría:Filmes ambientados en 1959 Categoría:Filmes ambientados en 1963 Categoría:Filmes ambientados en 1970 Categoría:Filmes ambientados en 1971 Categoría:Filmes ambientados en 1985 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados na Antártida Categoría:Filmes ambientados en Vietnam Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX