miniatura|dereita|250px|Vista da cámara desde o noroeste. A Arca da Piosa é un dolmen situado no límite das parroquias de Muíño, no concello de Zas, e Baíñas, no concello de Vimianzo. Foi estudado en 1933 polo arqueólogo alemán Georg Leisner e atópase en bo estado de conservación.

Está situado preto dos dolmens de Pedra Moura de Monte Carneo, Pedra da Lebre e Pedra Cuberta. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 2011.

Descrición A cámara é poligonal, con 3,20 metros de lonxitude e consiste en catro esteos e unha tampa; o corredor está orientado cara ao leste, é curto (1 m) e consiste en tres esteos cubertos por unha laxe partida en tres que, á súa vez, está cuberta por outra maior; esta tampa está a menor altura que a que cobre a cámara.

A lonxitude total do dolmen é de 8 m, e a mámoa é moi visible. As lousas coas que se construíu son de grandes dimensións, especialmente as tampas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Lema Suárez, X. M.: Arquitectura megalítica na Costa da Morte (Antas e Mámoas). Santiago de Compostela, Asociación Neria, 1999. Boga Moscoso, Ramón: Dólmenes de Galicia. Arquitectura das grandes pedras. A Coruña, Baía Edicións, 1997. ISBN 8489809137

Outros artigos Lista de megálitos de Galicia

Categoría:Dolmens de Galicia Categoría:Zas Categoría:Vimianzo Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña