Katsushika (葛飾区, かつしかく, Katsushika-ku) é un barrio especial da prefectura de Tokyo no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kantō e ó leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 34,84 km², a poboación é de 431.283 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 12.380 h/km².

O barrio de Katsushika limita cos barrios de Adachi, Sumida e Edogawa (que son da prefectura de Tokyo); e cos concellos de Yashio, Misato (que son da prefectura de Saitama); e Matsudo (este último é da prefectura de Chiba).

Véxase tamén Outros artigos Barrios de Tokyo Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial do barrio de Katsushika .

Categoría:Prefectura de Tokyo Categoría:Concellos do Xapón