Angela Sommer-Bodenburg, nada o 18 de decembro de 1948 en Reinbek (Alemaña)Web oficial da autora, é unha autora de libros para nenos famosa pola súa serie de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro"), que vendeu máis de 10 millóns de exemplares . Traxectoria Estudou maxisterio, psicoloxía e socioloxía na Universidade de Hamburgo. Entre 1972 e 1984 traballou coma profesora de primaria en Hamburgo e escribiu a primeira novela de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro") a modo de experimento para tentar descubrir que tipo de literatura podería interesar aos seus alumnos. A novela publicouse en maio de 1979 e, tralo éxito alcanzado, a autora retirouse do ensino en 1984 para adicarse exclusivamente á pintura e á escritura. Actualmente reside en Silver City, en Novo México.

Ten no seu haber máis de corenta libros, incluíndo novela, poesía e os vinte volumes da serie de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro"). A súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas, sendo parte dela adaptada para o teatro, a radio, o cine e a televisión. No 2000 estreouse a película The Little Vampire, realizada baixo a dirección de Ulrich Edel. Obra Serie Der kleine Vampir "Der kleine Vampir un die letzte Verwandlung" (O pequeno vampiro e a última conversa), 2008 "Der kleine Vampir und die Gruselnacht" (O pequeno vampiro e a noite do terror), 2006 "Der kleine Vampir hat Geburtstag" (O pequeno vampiro está de aniversario), 2002 "Der kleine Vampir und die Tanzstunde" (O pequeno vampiro e a clase de baile), 2001 "Der kleine Vampir und Graf Dracula" (O pequeno vampiro e o Conde Drácula), 2000 (reedición) "Der kleine Vampir feiert Weihnachten" (O pequeno vampiro celebra o Nadal), 2000 (reedición) "Der kleine Vampir und die Klassenfahrt" (O pequeno vampiro e a excursión), 2000 (reedición) "Der kleine Vampir und die große Verschwörung" (O pequeno vampiro e a gran conspiración), 2000 (reedición) "Der kleine Vampir und der rätselhafte Sarg" (O pequeno vampiro e o enigmático ataúde), 2000 (reedición) "Der kleine Vampir und der Lichtapparat" (O pequeno vampiro e o aparello de luz), 2000 (reedición) "Der kleine Vampir in der Höhle des Löwen" (O pequeno vampiro na boca do lobo), 2000 (reedición) "Der kleine Vampir und der unheimliche Patient" (O pequeno vampiro e o estraño paciente), 2000 (reedición) "Der kleine Vampir liest vor" (O pequeno vampiro lee), 1988 "Der kleine Vampir im Jammertal" (O pequeno vampiro no val das lamentacións), 1986 "Der kleine Vampir in Gefahr" (O pequeno vampiro en perigo), 1985 "Der kleine Vampir und die große Liebe" (O pequeno vampiro e o grande amor), 1985 "Der kleine Vampir auf dem Bauernhof" (O pequeno vampiro na granxa), 1983 "Der kleine Vampir verreist" (O pequeno vampiro vaise de viaxe), 1982 "Der kleine Vampir zieht um" (O pequeno vampiro múdase de casa), 1980 "Der kleine Vampir" (O pequeno vampiro), 1979

Notas

Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados en Schleswig-Holstein Categoría:Nados en 1948