Manuel Rodríguez Batalla, foi un político galego.
Traxectoria Foi elixido alcalde do concello de Dodro o 8 de febreiro de 1910 en substitución de José Viturro Sóñora. O 8 de outubro de 1911 efectúase o cambio dos propietarios e os suplentes. Foi destituído o 5 de novembro de 1911, pasando a ocupar a alcaldia de forma interina o tenente de alcalde Francisco Rodríguez, presidindo as sesións do concello ata a constitución da nova corporación en xaneiro de 1912, resultando elixido alcalde Ramón Suárez.
Presuntamente tivo que abandonar o cargo por un delito de abuso de autoridade, xa que lle tirou o alpendre a un veciño co que se levaba mal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dodro
Categoría:Alcaldes de Dodro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración