Manuel Casado Nieto, nado no Castro de Caldelas o 28 de setembro de 1912 e finado en Barcelona o 18 de decembro de 1983, foi un escritor, tradutor e fiscal galego.

Traxectoria Estudou Matemáticas e Dereito nas universidades de Santiago e Madrid. En Madrid foi redactor xefe da revista Galicia. En 1935 ingresou na carreira xudicial, e obtivo destinos primeiro en Oviedo, logo en Pontevedra e máis tarde en Barcelona, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira como fiscal da audiencia.

En Barcelona estivo moi integrado na vida da comunidade galega e foi presidente do Centro Galego de Barcelona dende 1954 ata 1970. Ademais das múltiples colaboracións en xornais e revistas, e da súa faceta como escritor en galego e en castelán, foi un dos primeiros tradutores ao galego de libros bíblicos: o Libro de Xob, o Eclesiastés, a Cántiga das Cántigas (1968) ou o Novo Testamento, en 1974. Tamén traduciu algúns poemas de Salvador Espriu.

Obra en galego miniatura|200px|Momumento a Casado Nieto no Castro de Caldelas. Poesía Amor e eleuciós, 1930. Orballo ispido, 1954, Colección Xistral, Lugo. O ronsel do meu silenzo, 1955, Alba, Vigo. Canta de lonxe o corazón do tempo, 1969, Galaxia. Vendima, 1982, Sotelo Blanco.

Narrativa Contos que non son contos, 1969, Castrelos. Trancos da vida do Braisiño, 1970, Ediciós do Castro. A boda de Reimundo e outras verídicas historias, 1980, Castrelos. Refendas da vida e morte, 1983, Castrelos.

Traducións Mostra antolóxica de poetas contemporáneos: ingleses, franceses, italiáns, cataláns, 1981, Ediciós do Castro. Con Xoán Manuel Casado.

Obras colectivas Arrequecer a endeita. Antoloxía de tres homes do dereito, 2007, Fundación Lois Peña Novo.

Obra en castelán Narrativa Un lugar en el tiempo, 1968, Planeta, Barcelona. La turbia corriente, 1969, Destino, Barcelona.

Traducións La Mayorazga de Romariz, de Camilo Castelo Branco, 1943, Barcelona.

Obra en castelán Poesía Orto, 1941. Sonetos vespertinos, 1957. Un lugar en el tiempo, 1969.

Narrativa La turbia corriente, 1970.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados no Castro de Caldelas Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Fiscais de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega