O morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) é unha especie de morcego propio do sur da rexión Paleártica. É o representante do xénero Rhinolophus de maior tamaño de Europa, é unha das especies máis espalladas; prefire os hábitat boscosos aos biótopos abertos. Como todos os Rhinolophus emite os ultrasóns, polo nariz e non pola boca como o resto da suborde dos microquirópteros.
Distribución Preséntase por todo o sur da rexión Paleártica, dende a Península Ibérica e Marrocos ata o Xapón, o límite setentrional europeo atópase ao sur de Gran Bretaña e o oriental en Grecia.
Hábitat
Emprega refuxios de variada natureza, comunmente subterráneos durante o inverno, mentres que durante a época de actividade, en faiados, adegas e cavidades. As áreas de caza localízanse entre 200 e 1000 metros do seu refuxio. Para cazar empregan "perchas" ou posadeiros nocturnos, onde permanecen pendurados ata localizar unha presa. Distribúese dende o nivel do mar ata os 1600 metros de altitude.
É unha especie gregaria, forma colonias de ata novecentos individuos, sedentaria con gran fidelidade polos refuxios que reúnen condicións axeitadas para a cría e hibernación.
Ameazas
Polo seu marcado gregarismo e a baixa capacidade de rexeneración, unha soa cría anual, as perturbacións ou destrución das colonias de cría e hibernada, adoitan ser catastróficas, con perdidas elevadas de espécimes. O emprego masivo e indiscriminado de insecticidas forestais, (en Israel a fumigación masiva de covas para combater a Rousettus aegyptiacus levoulle ao bordo da extinción) e a transformación do hábitat. Todas estas circunstancias favorecen a súa xeneralizada regresión.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas Rhinolophus ferrumequinumen Atlas de mamíferos terrestres. Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf. (en) Rhinolophus ferrumequinun, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).
Categoría:Quirópteros Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1774