A estación de Pamplona, oficialmente Pamplona-Iruña e antigamente coñecida como estación do Norte, é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Pamplona, en Navarra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 181 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón de Ebro e Altsasu, a 413 metros de altitude.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento
Historia A estación foi aberta ao tráfico o 15 de setembro de 1860 coa apertura do tramo Caparroso-Pamplona da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía do Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861. Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.Zaragoza á Pamplona y Alsasua spanishrailway O 1 de abril de 1878 a súa mala situación económica forzouna a aceptar unha fusión con Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe. Foi no seu momento ata 1956 estación de empalme co Irati (ferrocarril Pamplona-Sangüesa) que accedía para combinar o transporte de viaxeiros e mercadorías entre ambos os ferrocarrís.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación Está situada na praza da Estación, no barrio de San Jorge/Sanduzelai ao oeste do centro urbano.
O actual edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de dúas plantas e base rectangular con disposición lateral ás vías. Ten punto de información, venda de billetes, aseos e cafetería. En total dispón de dez vías aínda que só tres teñen acceso a unha plataforma lateral e a outra central.
No exterior hai unha zona de aparcadoiro habilitada así como unha parada de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 7 de xullo de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla Pamplona 3/4 trens diarios por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Altsasu · Zumarraga · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 4 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido
Media distancia Actualizado a 7 de xullo de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 26 Rexional Exprés Zaragoza-Delicias <> Pamplona 26 Rexional Exprés Castejón de Ebro <> Vitoria Intercity Barcelona-Sants <> Pamplona
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información na web de Adif
Pamplona Categoría:Pamplona