Alberto Avendaño Prieto, nado en Vigo o 30 de xullo de 1957, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Xunto con Alfonso Pexegueiro, Manuel M. Romón e Antón Reixa fundou o Grupo Rompente (1976-1982). Estudou Filoloxía Xermánica na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como profesor de inglés, como tradutor, actor e director de dobraxe para televisión. Viviu en Barcelona, Londres, Dublín, e Milán, desde onde colaborou para a prensa galega. Recibiu dous premios, o Barco de Vapor de narrativa infantil e xuvenil, e un premio internacional de Tradución pola tradución ó galego da novela de E.A. Poe. Arthur Gordon Pym.
Traballou para a Radio e Televisión de Galicia conducindo e dirixindo programas informativos e magazines como o informativo matinal da Radio Galega nos anos 1980 e Crocante en 1990. Como xornalista entrevistou a importantes figuras da política e da cultura: Rafael Alberti, Severo Ochoa, Fidel Castro... a mandatarios latinoamericanos e a estrelas da canción. En decembro de 1991 trasladouse a vivir a Texas, onde se licenciou Magna cum laude en Xornalismo pola Texas Tech University. En 1998 chegou a Bethesda, Maryland, nas aforas de Washington, D.C.. Foi lector de Lingua e Literatura española na Johns Hopkins University en Baltimore, ata o ano 2000. A finais dese ano foi director do semanario El Tiempo Latino.
En 2001 estableceu unha alianza co diario The Washington Post e o 17 de maio de 2004 a compañía do Post comprou a publicación nomeando a Avendaño director xeral de El Tiempo Latino. Avendaño e a publicación que dirixe ten recibido numerosos premios nacionais de xornalismo en español nos Estados Unidos de América. Polo seu traballo en prensa escrita nos Estados Unidos, Avendaño recibiu seis Premios José Martí que concede a National Association of Hispanic Publications (NAHP). Entre 2016 e 2019, tres traballos de xornalismo televisivo producidos por Avendaño recibiron o Premio Emmy™ da Academia da Televisión dos Estados Unidos.
Tamén foi director do Washington Bureau e Correspondente ante a Casa Branca para a Asociación Nacional de Prensa Hispana (NAHP).
Académico correspondente da Academia Norteamericana de la Lengua Española (ANLE). É membro fundador do Thomas J. Harris Institute for Hispanic and International Communication en Texas Tech University.
Ademais de tradutor de Roald Dahl, Edgar Allan Poe e John Millington Synge, entre outros, Avendaño é autor de dous manuais sobre medios de comunicación e é un habitual colaborador dalgúns medios electrónicos en español e inglés nos Estados Unidos.
Obra Poesía Facer pulgarcitos tres (1979). Edicións Rompente. Ilustracións de Menchu Lamas. ISBN 978-8485726004. Texas (2003). Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-8288-620-6.
Narrativa E outras historias (1989). Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-7154-665-4.. Relatos. Maasai: Unha historia de vida en África (2017). Ed. Independente. 154 páxs. ISBN 978-1520655352. Reediado en 2022 en Galaxia, ISBN 978-84-9151-842-6. Lovers (2026). Con María Xosé Porteiro. Galaxia. 172 páxs. ISBN 9788411766081. Teatro Fin de acto (1989). Xerais. 69 páxs. ISBN 978-8475073835.
Literatura infanto-xuvenil Aventuras de Sol (1987). O Barco de Vapor, Galaxia/SM. Foi traducida ao castelán. 160 páxs. ISBN 978-84-8288-690-9. O gato metido nun saco (1988). Editorial Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-7154-607-4. Os náufragos de Malakadula (1993). Edicións Xerais. SM, 2005, ISBN 9788434840010. 110 páxs. A Tropa contra o virus (2020). Edicións Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9121-744-2. ePub: ISBN 978-84-9121-747-3.
Traducións Charlie e a fábrica de chocolate, de Roald Dahl (1989). Edicións do Cumio. Peter Pan, de James Matthew Barrie (1989). Editorial Galaxia. O mozo que chegou de lonxe, John Millington Synge (1996). Edicións Xerais. As aventuras de Arthur Gordon Pym, de Edgar Allan Poe (1997). Edicións Xerais. O vento nos salgueiros, de Kenneth Grahame (2007). Edicións Xerais. O escarabello de ouro e outros contos, de E. A. Poe (2007). Edicións Xerais.
Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco. O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990). Editorial Galaxia. Upalás. Rompente (1998). Edicións Xerais. O libro do fútbol (2023). Vigo: Literaria, Galaxia.
Poesía en castelán
El Amor de tu Nombre -Poemas de dios, de diosas y de adioses (2016). Ed. Independente. 126 páxs. ISBN 978-1520738192.
Ensaio en castelán
(WASHINGTON)2 (2017). Palabra Libre. 400 páxs. ISBN 978-1942963103.
Premios 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1978, por O Lito e máis as bestas aceleradas. Premio Barco de Vapor en 1986, por Aventuras de Sol. Premio Barco de Vapor en 1993, por Os náufragos de Malakadula. Premio Internacional de Tradución IBBY. International Latino Book Award (Os Ánxeles, 2016), por El Amor de tu Nombre 6 Premios José Martí de la National Association of Hispanic Publications. Premiado cun Emmy polo documental publicado en The Washington Post titulado "Tim Kaine, los valores aprendidos en El Progreso-Honduras" e outros dous Emmy entre 2016 e 2019.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Imos a Washington con Alberto Avendaño (TVG).
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Vigo Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en 1957 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela