La Frontera é un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no noroeste da illa de El Hierro e nel está situado o punto máis occidental de España.

O núcleo de poboación con máis habitantes do municipio é Tigaday. Outros núcleos de poboación son Los Llanillos, Las Puntas e Sabinosa, todos eles no Val do Golfo.

Nunha ermida do seu termo municipal atópase a imaxe da Nosa Señora dos Reis (Patroa de El Hierro).

El Pinar e La Restinga, no sur da illa, pertenceron ao municipio de La Frontera ata setembro de 2007, despois de que o Cabido de El Hierro aprobase a segregación de El Pinar.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Concello de La Frontera

Frontera