Alfonso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 23 de outubro de 1952 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 2024, foi un escritor e profesor galego.

Traxectoria Fillo de Xosé María Álvarez Blázquez (de quen traduciu dúas obras ao galego) e irmán de Berta, Xose María e Celso Álvarez Cáccamo, fixo estudos de Filosofía e Maxisterio. Exerceu de profesor en Panxón (Nigrán) ata a súa xubilación en 2011. Foi membro da Fundación Álvaro Cunqueiro, da Fundación Inés Ollero e do Instituto de Estudos Miñoráns. Ten escrito preto de 200 artigos na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo e A Nosa Terra. Participou en diversas exposicións colectivas de pintura e foi membro do Consello de Redacción da revista humorística Xo! e da revista Gallaecia Norte-Sur.

Iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. A súa obra narrativa recibiu múltiples premios, como o Premio de Novela Café de Catro a Catro (1988) por Peito de vimbio, o Xerais de novela (1990) por As baleas de Eduardo Reinoso , o Galaico-Leonés de Relatos (1990), o Álvaro Cunqueiro de Narrativa (1993) por Xente de mala morte, o Manuel García Barros de novela (1996) por O Espírito de Broustenac, o Modesto R. Figueiredo (1997) e o Manuel Murguía de narracións breves (1998).

Tamén escribiu dous libros de poesía a través da editorial Espiral Maior, Na flor do vento (1999) e Sebes contra o vento (2009); e libros de varios relatos, así como dous ensaios sobre a figura do seu pai.

Residente en Oia, faleceu no hospital Álvaro Cunqueiro o 4 de marzo de 2024.

Obra Novela Peito de vimbio (1988). Xerais. 96 páxs. As baleas de Eduardo Reinoso (1990). Xerais. 160 páxs. O espírito de Broustenac (1996). Xerais. 160 páxs. Foi traducida ao castelán. O bosque de Levas (2002). Galaxia. 228 páxs. A revolución dos globos (2008). Galaxia, Costa Oeste. 296 páxs. O destino de Clarescura Lens (2012). Biblos Clube de Lectores. 88 páxs. Os Gotten (2014). Xerais. 112 páxs. ePub: ISBN 978-84-9914-247-0.

Relatos miniatura|Xente de mala morte, de , esta incluído na Biblioteca Galega 120. Castromil e unha noites (1992). Contos do Castromil. O eco de Ramallón (1992). Ir Indo. 108 páxs. Xente de mala morte (1993). Galaxia. 128 páxs. Catapulta (1995). Xerais. 112 páxs. Contos mamíferos (1998). Ed. do Cumio. 94 páxs.

Poesía Na flor do vento (1999). Espiral Maior. 53 páxs. Sebes contra o vento (2009). Espiral Maior. 47 páxs.

Ensaio Xosé Mª Álvarez Blázquez (1994). Ir Indo. 64 páxs. X. M. Álvarez Blázquez, 1915-1985: unha fotobiografía (2008). Xerais. 184 páxs.

Obras colectivas Voz e voto, 1991, Padroado Curros Enríquez. Contos de nunca acabar, 1995, Aba Edicións. Unha liña no ceo, 1996, Xerais. Abrir Vigo ó mar, 1996, Consorcio da Zona Franca de Vigo, canda Casares, Garrido, Fernández del Riego, Fernández Freixanes et al. E dixo o corvo, 1997, Xunta de Galicia. Novo do trinque, 1997, Bloque Nacionalista Galego. Relatos.Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Lois Diéguez, Xabier P. DoCampo, Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, María do Carme Kruckenberg, Manuel María, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Henrique Rabuñal, Manoel Riveiro Loureiro, Xoán Ignacio Taibo, Suso de Toro, Xulio López Valcárcel, Vítor Vaqueiro e Luísa Villalta. Sede central-3. Relatos, 1997, Clube Cultural Adiante. Premios Pedrón de Ouro. Certame Nacional Galego de Narracions Breves "Modesto R. Figueiredo". Certames XXII (1996) e XXIII (1997), 1999, Ediciós do Castro. Escolma de familia, 2000, Xerais. Tecendo panos, 2000, Edicións Laiovento. Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia. Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Poemas ao pai, 2008, Espiral Maior. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Traducións Na vila hai caras novas de Xosé María Álvarez Blázquez (1993). Ir Indo. Enchen as augas de Xosé María Álvarez Blázquez (1995). Ir Indo.

Premios 1° Premio do XVIII Concurso nacional de contos infantís O Facho en 1985, por Hestoria de Fertolpo. 2° Premio do XIX Concurso Nacional de Contos Infantís da Agrupación Cultural O Facho en 1986, por A sopa de pedras. Premio de Novela Café de Catro a Catro en 1988 por Peito de vimbio. Premio Xerais de novela en 1990 por As baleas de Eduardo Reinoso. Premio Galaico-Leonés de Relatos en 1990. Premio á Comunicación do Museo do Humor de Fene en 1991. Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa en 1993 por Xente de mala morte. Premio García Barros de novela en 1996 por O espírito de Broustenac. 2° Premio do Premio Modesto R. Figueiredo en 1997 por A meritoria cortesía de Edón de Cidalia. Premio Manuel Murguía de Narrativa Breve do Concello de Arteixo en 1998 por Canis fugit.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Palabras liberadas Alfonso Álvarez Cáccamo en Youtube Blog do autor Entrevista feita polos alumnos do instituto IES Manuel García Barros.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Tradutores do castelán Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Gañadores do Premio García Barros