Tiruleque é un grupo de folk galego creado en 2002 na Coruña.

Traxectoria Tiruleque naceu como banda en 2002, en formato de quinteto tradicional. O proxecto, formado por cinco rapaces procedentes da música tradicional e con inquedanzas musicais compartidas, mesturou as fontes da tradición da música galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros- con outras influencias. Ao longo dos anos o grupo incorporou distintos instrumentos de cara a acadar maior expresión, maiores posibilidades e un son propio.

Actuaron en festivais de música tradicional e folk de Galicia. Membros Antón Bueno (contrabaixo) Álex Fente (acordeón) Luis García (bombo con pratos, percusións, coros) Miguel Horjales (caixa, percusións, coros) Serxo Núñez (clarinete, gaita, percusións, voz) Fer Román (saxo, clarinete, ukelele) José A. Vázquez (gaita, saxo, percusións)

Discografía Tiruleque (2009) Mu!! (2013) Outro que tal baila (2018) Tiruleque, 20 anos de camiño (2022) Repichoca (2025)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Podcast de Tiruleque en Ivoox.com.

Categoría:Grupos musicais de folk galego Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos musicais formados en 2002