O impo, salouco, saluco ou sotelo é a contracción espasmódica do diafragma que se repite varias veces por minuto. En humanos, a introdución repentina de aire nos pulmóns causa o peche da epiglote, creando o son "hip". En medicina, coñécese como movemento diafragmático síncrono ou singultus, do latín, singult, "o acto de atrapar a respiración de alguén ao saloucar". O impo é unha acción involuntaria, isto é, trátase dun acto reflexo.
Remedios Un ataque de impo, polo xeral, resólvese só sen precisar de ningunha intervención, aínda que existen moitos remedios caseiros que teñen como obxectivo acurtar a súa duración. Malia isto, ás veces necesítase tratamento médico en casos de impo crónico.
Casos Un home norteamericano, chamado Charles Osborne, padeceu impo durante 68 anos, desde 1922 ata 1990, e entrou no Libro Guinness dos Récords como o home co ataque de impo máis longo<ref>"Survivor of 68-Year Hiccup Spell Dies. Omaha World - Herald, 05 maio 1991, Sunrise Edition: 2.B.</ref>.
En 2007, unha adolescente de Florida, Estados Unidos, impou unhas 50 veces nun minuto durante máis de cinco semanas. Despois de que o impo volvese, o seu neurólogo suxeriulle que podía ter a síndrome de Tourette, e que o seu impo podía ser un "tic" causado por esta síndrome.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía "Fish Out of Water", Neil Shubin, Natural History'', número de febreiro de 2008, páxinas 26–31. Ligazóns externas BBC News: Por que impamos?
Categoría:Síntomas