Malvela é un grupo de folk galego, creado en Sanguiñeda (Mos).
Xurdiu a partir dun cursiño de cantos populares dirixido pola cantante Uxía. O que nun principio foi unha actividade cultural, converteuse nunha paixón continuada coa idea de rescatar e transmitir as cancións que gardaban na súa memoria.
Está integrado por 13 cantareiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina (falecida), Aurita, Teresa, Merche e Adela (falecida)), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).
Unha versión da popular canción "O pirimpimpín" foi utilizada como cabeceira da serie Padre Casares, emitida pola TVG.
Discografía Que o pano non me namora (2002) O Aghinaldo (2004) Da miña xanela á túa (2007). CD con 15 cancións (“Ou Trevo de catro follas”, “A pinga d´auga”, “Conanfrón”, “Pirimpimpín” ...) e un DVD con dous vídeo clips, un documental, e un “como se fixo”.. Raianas (2011) O benquerer (2023).
Véxase tamén Premios 2025: Premios Rebulir da Cultura Galega.
Notas
Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Myspace do grupo
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Grupos galegos de música tradicional Categoría:Grupos musicais en galego