En Europa, o Día de Europa é unha celebración anual de paz e unidade europeas. Existen dous días de Europa separados, celebrados o 5 e 9 de maio, establecidos polo Consello de Europa (CoE) e a Unión Europea (UE) respectivamente. Para a UE, o día é tamén coñecido como o Día de Schuman.Does the EU have a "National" Day? , European Commission Delegation to Ukraine

O 29 de xaneiro de 2019 presentouse en Bruxelas unha iniciativa de varias asociacións e personalidades co fin de facer que o 9 de maio sexa un día festivo en toda a Unión Europea. O 12 de febreiro a iniciativa votouse nunha sesión plenaria do Europarlamento, presentado pola eurodeputada Maite Pagazaurtundúa. A proposta foi aprobada con 459 votos a favor.

Historia O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman"La Declaración de 9 de Mayo de 1950 , para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.

Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e Alemaña e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro, sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea. No cumio de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designa-lo 9 de maio como Día de Europa.

Recoñecemento legal O Día de Europa é día non laborable para os empregados das institucións da Unión Europea Luxemburgo declarouno en 2019 festivo oficial e é tamén festivo oficial en Kosovo.. É un día conmemorativo en Croacia, día recoñecido oficialmente pero non festivo; o mesmo que en Lituania; e un Beflaggungstage en Alemaña

Notas

Véxase tamén Outros artigos Unión Europea Consello de Europa

Categoría:Días de concienciación Categoría:Maio