As Airas é un lugar da parroquia de Moreiras no concello ourensán de Toén, na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 152 habitantes (73 homes e 79 mulleres).

Trátase dun lugar situado na ladeira do val do castro de Trelle e ten dúas casas señoriais. Unha delas é o pazo da Pereiriña, de certo renome na provincia de Ourense. A comezos dos anos oitenta foi inaugurada a capela e mais o cruceiro das Airas. Así mesmo, está a piques de abrir o seu primeiro local social, no campo da festa da aldea.

Lugares e parroquias Lugares de Moreiras

Parroquias de Toén

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Toén

Categoría:Lugares de Toén