O Metro de Granada, oficialmente Metropolitano de Granada, é un sistema de metro lixeiro que dá servizo a área metropolitana de Granada. Consta dunha única liña que cruza a cidade e esténdese aos municipios de Albolote, Maracena e Armilla. Está xestionado pola sociedade mixta público-privada Metro de Granada, S.A., e ten tramos tanto en superficie como subterráneos.
Historia alt=|miniatura|Sección de superficie do Metro de Granada.|esquerda miniatura|Plano esquemático do Metro de Granada.|alt=|280x280px
Construción miniatura|Plano xeográfico|alt=|358x358px O proxecto consiste en conectar en 45 minutos a zona norte do Área Metropolitana co sur, que é a zona co maior crecemento residencial de Granada. A zona servida polo Consorcio de Transporte está integrada por 32 municipios e conta cunha poboación de preto de medio millón de habitantes (489 160 Hab. INE 2007), case o 62% do censo da poboación da provincia.
As obras iniciáronse no outono de 2006 e terán unha duración de 30 meses. O orzamento inicial é de 360 millóns de euros (17% dos concellos e 83% da Xunta de Andalucía).
Houbo un gran debate acerca da creación dun metro suburbano ou en superficie. Mentres que o Concello da capital defendía un metro subterráneo a Xunta optaba por un transporte ao aire libre. foi a liña 1 a que provocou os principais enfrontamentos entre os organismos administrativos, ata que en xaneiro de 2005 alcanzouse un trazado case definitivo. No Zaidin acometerase o soterramento do trafico rodado para evitar a concorrencia co metro lixeiro.
O 18% do trazado é soterrado. En concreto, os 2,3 km que conforman o Camiño de Rolda e algúns cruces puntuais (A-44), o resto en superficie é en plataforma tranviaria.
Inauguración O 21 de setembro de 2017 o sistema de metro quedou finalmente inaugurado nun acto ao que acudiron responsables de tódalas administracións involucradas. Durante o seu primeiro día de servizo o metropolitano tivo unha boa acollida con 23.500 usuarios.
Os datos positivos en canto a afluencia consolidáronse nos meses seguintes a súa posta en funcionamento ao alcanzar os 1,5 millóns de pasaxeiros en novembro de 2017, dous meses despois da súa inauguración.
Parque móbil O Metro granadino contará con 13 unidades móbiles (tipo tranvía), conformadas por 5 convois de 210 prazas cada un, cuxa velocidade máxima vai ser de 50 km/h en tramos urbanos en superficie e de 70 km/h no trazado interurbano ou en túnel. A velocidade comercial, que inclúe os tempos de parada, oscilará entre os 20 e os 28 km/h.
Paradas da L1 As paradas/estaciones en superficie están configuradas como paradas tranviarias.
Jacobo Camarero. Juncaril Vicuña Anfiteatro Blas de Otero Cerrillo Maracena Carretera de Jaén Estación de autobuses Argentinita Perete Villarejo Caleta Estación AVE (Intermodal: correspondencia con trens de media e longa distancia) Universidad Méndez Nuñez (subterránea) Recogidas (subterránea) Río Genil (subterránea) Hípica Andrés Segovia Palacio de los Deportes Nuevos Cármenes Avenida de Dílar Parque Tecnológico Nevada Carretera de Granada Poniente
Notas
Ligazóns externas Páxina da Xunta de Andalucía sobre o transporte por tren na comunidade. Mapa esquemático da liña 1 do metro de Granada. Páxina web oficial do metro de Granada.
Granada Categoría:Provincia de Granada