O Templo Expiatorio da Sagrada Familia (en catalán: Temple Expiatori de la Sagrada Família), coñecido simplemente como Sagrada Familia, é unha basílicaA Sagrada Familia é unha basílica dende 2010, mais non é unha catedral; a Catedral de Barcelona é a Catedral de Santa Baia, un edificio gótico da Idade Media. católica da cidade de Barcelona, obra non rematada do arquitecto Antoni Gaudí. Iniciada en 1882, é a obra máis importante de Gaudí e o máximo expoñente da arquitectura modernista catalá. Segundo datos do ano 2011, é o monumento máis visitado de España, con 3,2 millóns de visitantes, por riba do Museo do Prado (2,9 millóns) e da Alhambra de Granada (2,3). e é a igrexa máis visitada de Europa tras a basílica de San Pedro do Vaticano.
Historia e características No ano 1882 Josep M. Bocabella adquirira uns terreos para a construción dun templo dedicado á Sagrada Familia. Os desacordos co primeiro arquitecto fixeron que Gaudí pasase a ocuparse das obras, cun novo proxecto moito máis ambicioso. A obra atópase agora aínda no proceso de construción. A data prevista para o remate das obras seguindo o ritmo de hoxe é de 2026.
Nos derradeiros anos da súa vida, Gaudí, na súa meirande parte, traballaba e vivía pola Sagrada Familia, deixando moitos planos, proxectos e esbozos na hora da súa morte.
As obras que actualmente faltan por rematar respectan o proxecto orixinal de Gaudí no seu conxunto, mais non nos seus pormenores, os cales se adaptan á estética moderna e ó estilo dos artistas que os levan a termo.
A obra que realizou Gaudí, é dicir, a fachada do Nacemento e a cripta, foi incluída en 2005 pola UNESCO no Sitio do Patrimonio da Humanidade «Obras de Antoni Gaudí». O Templo foi consagrado e declarado Basílica menor o 7 de novembro de 2010 polo papa Bieito XVI.O Papa converterá a Sagrada Familia en Basílica.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Templo da Sagrada Familia .
Categoría:Arquitectura modernista en Barcelona Categoría:Basílicas de España Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cataluña Categoría:Bens de Interese Cultural de Cataluña Categoría:Antoni Gaudí