Giulianova é unha vila costeira e comuna italiana de 23.256 habitantes, na provincia de Teramo.

Xeografía A vila esténdese no norte da rexión de Abruzos, entre os ríos Salinello e Tordino. Giulianova concíbese como a escisión entre a Paese, a vila histórica no alto dos outeiros, e o lido, a máis recente desenvolvida abaixo, na praia.

O turismo xoga un gran papel en Giulianova. A vila, caracterizada por ter varias praias, convértese no verán en refuxio de cidadáns de grandes cidades como Roma ou Milán, así como de turistas alemáns e franceses.

Historia En tempos pre-romanos, a tribo dos Praetutii tiñan un asentamento chamado Castrum Novum nas proximidades de Giulianova. Na Idade Media a poboación de Castrum Novum, daquela chamado Castrum divi Flaviani, foi trasladada á nova vila de Giulia, situada nos outeiros, fundada polo nobre local Giulio Antonio Acquaviva.

Véxase tamén Porto de Giulianova Santuario de Nosa Señora do Esplendor

Ligazóns externas Sitio web oficial Fotoblog sobre a vida no porto de Giulianova

Categoría:Concellos da provincia de Teramo