ItAli Airlines S.p.A. era unha aeroliña con base en Pescara, Italia.

Códigos Código IATA: FS Código OACI: ACL Indicativo: ITALICódigos de Aerolíneas Novembro de 2006

Historia A aeroliña era o resultado da fusión entre TAI (Transporti Aerei Italiani) e Air Columbia. Utilizaba dúas aeronaves Fairchild Swearingen Metroliner para cubrir o traxecto de Pescara a Milán e Roma en abril de 2004, que foron substituídas por un Dornier 328 Jet en xaneiro de 2005 e por un segundo en agosto de 2005. En xullo de 2004 unha ruta Pescara a Olbia tamén entrou en servizo cun Dornier 328-110 alugado a Air Alps. Durante a tempada de verán de 2005 novas rutas (operadas polos Dornier 328Jet) uniron Olbia con Pescara, Brindisi e Bérgamo.

Destinos Milán-Malpensa: Foggia, Pescara, Reggio Calabria. Pescara: Dubrovnik, Milán-Linate, Milán-Malpensa, Niza, Olbia, Roma, Split, Torino, Venecia. Reggio Calabria: Boloña, Milán-Malpensa, Torino.

En decembro de 2006 ItAli Airlines empezou a operar servizos chárter desde Reggio Calabria, tomando o lugar deixado pola aeroliña neerlandesa Interstate Airlines.

Frota En xaneiro de 2009 a frota de ItAli Airlines incluíahttp://www.airfleets.net/flottecie/ItAli Airlines.htm:

2 McDonnell Douglas MD-82 2 Dornier 328Jet 2 Fairchild Metro III

Outras aeronaves:

1 Cessna Citation 500

En xaneiro de 2009 a idade media da frota de ItAli Airlines era de 22.8 anos.Antigüidade da frota de ItAli Airlines

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ItAli Airlines

Categoría:Aeroliñas de Italia