El pico 2 é unha película dramática española dirixida por Eloy de la Iglesia. É a continuación dos feitos narrados en "El pico", ocupándose da vida de Paco trala morte do seu amigo Urko por sobredose de heroína.

O filme, que se encadra dentro do xénero coñecido como "cine quinqui", describe o mundo marxinal español dos anos 80. Pese ás críticas recibidas en canto a estilo e elegancia, o filme destaca polo seu cru realismo e a súa implícita crítica social.

Sinopse Paco é o fillo dun comandante da Gardia Civil que se ve envolto no asasinato dunha parella de traficantes de heroína en Bilbao. Os esforzos do seu pai por apartalo da droga e ocultar as probas do crime vénse minguados cando a prensa faise eco da noticia. O xove é detido, procesado e encarcerado no cárcere de Carabanchel en Madrid, onde experimentará en carne propia os rigores do sistema penitenciario, e volverá caer na droga.

Cando recobra a liberdade, grazas ás manobras e influencias do seu pai, Paco vese incapaz de reinsertarse e preferirá asociarse con "El Lendakari", un compañeiro que coñeceu en prisión, e adicarse á delincuencia. Pero a Garda Civil segue de cerca os pasos do "Lenda" e o desenlace é inminente. O comandante Torrecuadrada pedirá aos seus superiores deter persoalmente ao seu fillo.

Personaxes José Luis Manzano — Paco Fernando Guillén — Evaristo Torrecuadrada Andrea Albani — Betty Jaume Valls — El Lehendakari José Luis Fernández "Pirri"' — El Pirri Valentín Paredes — El Tejas Gracita Morales — Adela Fermín Cabal — Miguel Caballero Tony Valento — Fernando Ramón Reparaz — Comisario Alfred Lucchetti — Coronel Guillermo Montesinos — Tipo del rastro Pedro Nieva Parola — Tenente Alcántara José María Escuer — López Agustín González — Laureano Alonso Rafaela Aparicio — Avoa

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da película en IMDb

Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España