A lingüística aplicada é unha póla da lingüística que se ocupa dos problemas que a linguaxe formula como medio de relación social e da cal derivan tres pólas ou campos de acción: a ensinanza da lingua nai, a ensinanza da segunda lingua e maila ensinanza de linguas asistida por computador (Computer-Assisted Language Learning - CALL).

Historia e características Hai multitude de enfoques, de entre os que destacan o enfoque comunicativo, o enfoque baseado en tarefas (TBLT, nas súas siglas inglesas) e mailo enfoque de aprendizaxe cooperativa de linguas. Todos eles baséanse en dúas grandes pólas teóricas: na área da lingüística o Estruturalismo e as correntes de Construtivismo e Cognitivismo na área da educación.

Durante os anos 1950 e 1960 centrouse en erros concretos e na análise contrastiva. Durante os anos 1970, co fracaso deste método de contraste analítico como teoría para predicir erros, a lingüística aplicada comezou a adoptares a teoría de Noam Chomsky acerca da Gramática Universal para explicar o fenómeno da aprendizaxe dunha segunda lingua. Nos anos 1990, un número crecente de investigadores comezou a empregar métodos de estudo baseados na psicoloxía cognoscitiva.

Hoxe en día, este campo de estudo é unha mestura interdisciplinar principalmente de lingüística, antropoloxía, psicoloxía e educación.

A Asociación Internacional de Lingüística Aplicada é un foro que abrangue un amplo espectro de investigadores deste eido.

Algunhas publicacións deste eido inclúen Studies in Second Language Acquisition, Modern Language Review, Language Learning, Applied Linguistics, AILA Journal e mailo TESOL Journal.

Véxase tamén Outros artigos Competencia comunicativa Dell Hymes Ensinanza idiomas Total Physical Response Lingüística xeral Lingüística particular Lingüística diacrónica Lingüística sincrónica Lingüística interna Lingüística externa

Ligazóns externas American Association for Applied Linguistics Internationale de Linguistique Appliquée Association Canadienne de Linguistique Appliquée / Canadian Association of Applied Linguistic Center for Applied Linguistics Cursos en liña e bosquexos gramaticais de balde de máis de 100 idiomas Tesol Official Site

Categoría:Lingüística