Iwami (石見国, いわみのくに, Iwami-no-kuni ou 石見, いわみ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte oeste da prefectura de Shimane, na rexión de Chūgoku, na illa de Honshū.

A capital estaba situada na cidade actual de Hamada, antigamente no distrito antigo de Naka.

Iwami limitaba coas provincias de Nagato (長門), Suō (周防), Aki (安芸), Bingo (備後) e Izumo (出雲).

Categoría:Rexión de Chūgoku Iwami