Gordon Gould, nado en Nova York o 17 de xullo de 1920 e finado na mesma cidade o 16 de setembro de 2005, foi un físico estadounidense ao que se lle atribúe a invención do láser. A súa historia foi ben coñecida por mor dunha disputa coa oficina de patentes e marcas rexistradas de Estados Unidos, para obter patentes para o láser e outras tecnoloxías relacionadas con este, cuxa contenda durou uns 30 anos. De igual xeito querelouse contra os fabricantes de láser para facer cumprir as patentes que conseguiu posteriormente.

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York