Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.
Historia Fundouse en decembro de 1980 ao se refundar o Partido Obreiro Galego, integrando á maioría dos militantes do autodisolto Partido dos Traballadores de Galicia e a militantes procedentes do BNPG, Partido Socialista Galego, Partido Comunista de Galicia e Movemento Comunista de Galicia.
Durante o intento de golpe de estado do 23-F EG fixo un chamamento para que todos os concelleiros e alcades permaneceran nos concellos para impedir o triunfo do golpe. Celebrou o seu I Congreso en marzo de 1981, no que acepta o marco constitucional e autonómico para a consecución da autodeterminación de Galicia. miniatura|Documento no que Esquerda Galega pide a devolución do Pazo de Meirás, asinado en 1982 por Pura Barrio e Gonzalo Vázquez Pozo. Nas eleccións autonómicas de 1981 obtén 33.497 votos (3'32%) e un escano para o seu líder, Camilo Nogueira, que conseguiu gran protagonismo na súa actuación no Parlamento de Galicia, aínda que o partido sofre un forte revés nas eleccións xerais de 1982 con só 22.310 votos (1'72%).
En 1984 fusionase co Partido Socialista Galego formando o PSG-EG.
Resultados electorais Elección Votos % Deputados /concelleiros Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 33.497 3,32% 1 Eleccións xerais de España de 1982 22.310 1,72% 0 Eleccións municipais de 1983 en Galicia 19.173 1,57% 22http://www.historiaelectoral.com/munigal.html
Notas
Categoría:Partidos nacionalistas galegos Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia