Hiram Stevens Maxim, nado en Sangerville, Maine, o 5 de febreiro de 1840 e finado en Londres o 24 de novembro de 1916, foi un inventor estadounidense.

Traxectoria

Foi coñecido sobre todo pola invención da metralladora Maxim en 1884, a primeira metralladora portátil e totalmente automática. Tamén realizou algúns intentos de realizar máquinas voantes, pero os seus deseños nunca chegaron a voar. Non obstante, a súa atracción de feira "máquina voante cativa" foi moi popular nas feiras británicas.

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en Maine