350px|miniatura| Mapa que mostra o estado dos dereitos GLBT na Europa. O matrimonio do mesmo sexo en Bélxica comezou o 30 de xaneiro de 2003 coa promulgación da nova lei por parte do parlamento belga, converténdose no segundo país do mundo, tralos Países Baixos, en legalizar o matrimonio homosexual. Dende o 2006, a lei permite que as parellas homosexuais adopten cativos.
Orixinalmente, o goberno permitía o matrimonio de parellas homosexuais estranxeiras só se nos seus países de orixe tamén permitían estas unións. Mais, tras unha revisión da lei en outubro do 2004, permítese o matrimonio de calquera parella adulta en Bélxica se polo menos unha das dúas persoas viviu no estado durante un mínimo de tres meses.
Segundo o goberno belga, aproximadamente 300 parellas homosexuais casaron no primeiro ano de matrimonio gay legal no país.
Véxase tamén Outros artigos Matrimonio entre persoas do mesmo sexo Matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Suráfrica
Categoría:Dereito en Bélxica Bélxica