O cantón de Zürich(en alemán Zürich, en francés Zurich, en italiano Zurigo, en romanche Turigt) é un dos vinte e seis cantóns suízos. Zürich, a súa capital, é coñecida como a metrópole máis pequena do mundo.
Zürich é o cantón máis poboado de Suíza, con máis de 1 300 000 habitantes. A lingua oficial do cantón é o alemán, aínda que a maioría da poboación fala un dialecto alemán chamado Züritüütsch, que é unha das variantes do Schwiizerdütsch.
Xeografía O cantón sitúase ao norte dos Alpes. Limita ao norte co cantón de Schaffhausen e con Baden-Wurtemberg (Alemaña), ao sur cos de Zug e Schwyz, ao leste cos de Turgovia e Sankt Gallen, e ao oeste co de Argovia. Gran parte do lago de Zürich pertence ao cantón.
Ten 1.729 km², dos que o 80 % é considerado territorio produtivo. As fragas cobren 505 km², e os lagos 73 km². Os lagos máis importantes son o de Zürich, o Greifensee e o Pfäffikersee.
A maior parte do cantón está formada por estreitos vales fluviais estreitos dirixidos cara ao norte, desembocando no río Rin. As zonas máis motañosas están cara ao noroeste e o sueste. O río Linth é o principal afluente do lago de Zürich, do que sae o río Limmat, que constitúe o val máis importante do cantón.
Historia O cantón de Zürich está constituído polos territorios adquiridos pola capital até finais de 1803. A parte baixa do cantón foi anexionada ao territorio zuriqués en 1362. A parte norte entrou a formar parte logo de que arrebatarlle aos Habsburgo a cidade de Winterthur en 1467. A constitución cantonal foi promulgada en 1869.
Economía Gran parte do territorio é cultivado, especialmente cara ao norte e o leste, pero o cantón de Zürich non se considerada unha zona agrícola. A industria manufactureira predomina en todo o cantón, destacando as súas empresas e desenvolvemento técnico. No pasado foron importantes os tecidos de seda e algodón, e aínda seguen a ser actividades relevantes para a economía local. O cantón de Zürich é o de maiores ingresos da confederación Helvética, sendo sede de importantes empresas, ademais de contar coa cidade de Zürich, capital económica de Suíza.
Transporte Os ferrocarrís atravesan os principais vales do cantón. O nó central de comunicacións está en Zürich, onde un gran número de ferrocarrís se conectan ao sistema nacional e internacional de transporte ferroviario. A estación de trens de Zürichh é a máis importante de Suíza, ademais de ser unha das máis transitadas do mundo. As principais compañías europeas, como SBB, ÖBB ou DB, conectan Zürich coas principais capitais de Europa.
O aeroporto máis importante de Suíza está tamén no cantón de Zürich, o Aeroporto Internacional de Zürich, a 12 km do centro da cidade, sede da compañía suíza de aviación, a Swiss International Air Lines.
Distritos miniatura|Distritos do cantón de Zürich. O cantón de Zürich está dividido en doce distritos:
Zürich Affoltern Andelfingen Bülach Dielsdorf Dietikon Hinwil Horgen Meilen Pfäffikon Uster Winterthur
Cidades miniatura|Cidades do cantón de Zürich.
Comuna Poboacióna 31/12/2005 Zürich 343.157 habitantes Winterthur 92.963 habitantes Uster 29.730 habitantes Dübendorf 22.562 habitantes Dietikon 22.104 habitantes Wetzikon 19.313 habitantes Wädenswil 19.298 habitantes Horgen 17.812 habitantes Kloten 16.949 habitantes Thalwil 16.281 habitantes Adliswil 15.623 habitantes Regensdorf 15.425 habitantes Volketswil 15.097 habitantes Illnau-Effretikon 15.021 habitantes Bülach 14.815 Habitantes Schlieren 13.211 habitantes Küsnacht 12.869 habitantes Opfikon 12.779 habitantes Stäfa 12.721 habitantes Wallisellen 12.367 habitantes Zollikon 11.770 habitantes Meilen 11.767 habitantes Richterswil 11.359 habitantes Rüti 11.347 habitantes Affoltern am Albis 10.133 habitantes </div> Notas