Itami (伊丹市, いたみし, Itami-shi) é un concello xaponés da prefectura de Hyōgo. Está situado no centro da rexión de Kinki e ó extremo leste da prefectura, na zona oeste da provincia histórica de Settsu. Ten 24,97 km² de superficie, unha poboación de 195.149 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 7.820 hab./km².
O concello de Itami limita cos concellos de Kawanishi, Takarazuka, Nishinomiya, Amagasaki (que son da prefectura de Hyōgo); de Ikeda e Toyonaka (que son da prefectura de Osaca).
Cidades irmandadas Oomura-shi (1980). Hasselt (1985).
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Itami .
Categoría:Prefectura de Hyōgo Categoría:Concellos do Xapón