miniatura|left|230px|Cultivo de café en Ruanda. Ruanda é un país pobre con 90% da poboación traballando na agricultura (principalmente de subsistencia). É o país máis densamente poboado de África, con poucos recursos naturais e minerais de importancia, ademais de sufrir de secas e un pobre desenvolvemento tecnolóxico. Todo isto fai que teña unha dependencia económica significativa con Bélxica. As principais exportacións son o café e o té. A minería é a segunda actividade do país, destacando a casiterita, de onde se extrae estaño, ademais de pequenas cantidades de berilio.
O xenocidio de 1994 destruíu a fráxil economía do país e empobreceu severamente a poboación, especialmente as mulleres, ademais de diminuír a capacidade do país en atraer investimentos estranxeiros. A pesar diso, o país fixo progresos significativos en estabilización e na rehabilitación da súa economía a niveis anteriores a 1994. Con todo, o nivel de pobreza actual é máis alto que antes da guerra.
Notas