Miguel Anxo Sande Corral, nado en Pastoriza (Arteixo) en 1961, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Antonio Reigosa, Afonso Becerra, Silvia Penas e Miguel Sande no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Xornalista de profesión, foi delegado de La Voz de Galicia na Mariña lucense e no Occidente de Asturias. Vive en Viveiro. O seu primeiro libro publicado é Á alba pide comigo vivir, co que quedou finalista do Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca no ano 1984, convocado polo Instituto das Artes Escénicas, do Ministerio de Cultura. En 1998, publicou a segunda obra de teatro, Ninguén chorou por nós, premiado co Rafael Dieste, foi estreado en setembro de 1999 no Teatro Colón de Vigo nunha adaptación libre da compañía Teatro Bruto. No 2000 publicou 39 veces chao, un monólogo a través dun teléfono móbil.
Como poeta publicou o libro A palabra soterrada, escrito no deserto do Sáhara, entre Tunisia e Alxeria.
Obra en galego Poesía Palabras para despois da tose (1985). Sada: Ediciós do Castro. Como a nudez escura da auga (1986). Sada: Ediciós do Castro. A traxectoria caótica do péndulo (1990). Vigo: Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-7154-741-5. A palabra soterrada (1994). Culleredo: Espiral Maior. 48 páxs. ISBN 9788488137333. Hoxe, que vén o vento do sur (2006). Culleredo: Espiral Maior. 93 páxs. ISBN 9788496475243. Os filósofos xa non brindan con cicuta (2019). Arte de Trobar, Centro PEN Galicia, Xunta de Galicia, Afundación, Obra Social ABANCA. 96 páxs. ISBN 978-84-09-15172-1. Los filósofos ya no brindan con cicuta (2019). Anaquel de Poesía. 135 páxs. ISBN 978-84-122808-9-0. Brinde e desespero (2023). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-263-6. ePub: ISBN 978-84-1110-274-2 Desertos (2026). Culleredo: Espiral Maior. 94 páxs. ISBN 9791399118209.
Narrativa Se algún día esta muller morta (2006). Vigo: Galaxia. 104 páxs. ISBN 978-84-8288-970-2. A vida fóra (2011). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9865-370-0. A candidata (2016). Vigo: Galaxia. 136 páxs. ISBN : 978-84-9865-736-4. O negociador (2022). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 9788411101110. As negociacións do secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español narradas a través dun testemuño excepcional.
Teatro miniatura|Presentando O negociador con Manrique Fernández na Libraría Cronopios de Pontevedra o 19 de outubro de 2022Á alba pide conmigo vivir (1986). Xunta de Galicia. 64 páxs. ISBN 978-84-228-0300-3. Ninguén chorou por nós (1999). Deputación da Coruña. 39 veces chao (2002). Deputación da Coruña. 87 páxs. Ninguén chorou por nós nadie lloró por nosotros / 39 veces chao (2022). A. Directores de Escena T. 136 páxs. ISBN 978-84-17189-40-2. Elas, que din (2005). A Coruña: Biblos Clube de Lectores. 92 páxs. ISBN 9788493412616.
Ensaio Cuba, doce e soturna (1994). Santiago: Laiovento. 105 páxs. ISBN 978-84-87847-43-9.
Obras colectivas Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior. A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico. Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais.
Obra en castelán Poesía Poemas (1981). A Coruña: La Voz de Galicia.
Premios Finalista do Premio Nacional de teatro Calderón de la Barca en 1985, por Á alba pide comigo vivir. Premio de teatro Rafael Dieste en 1998, por Ninguén chorou por nós. Finalista do premio de teatro Rafael Dieste en 2001, por 39 veces chao. Gañador do I Premio Narrativa Breve Repsol en 2006, pola novela Se algún día esta muller morta. Premio García Barros en 2016, pola novela A candidata. Gañador da XVII edición do Premio de Poesía Afundación 2019 por Os filósofos xa non brindan con cicuta. Gañador do XXV Premio de poesía Johán Carballeira por Brinde e desespero. Finalista do Premio Xerais de Novela 2021 por O negociador.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega.
Categoría:Xornalistas de Arteixo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Nados en Arteixo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Gañadores do Premio García Barros