Un repositorio institucional, tamén denominado depósito institucional ou arquivo aberto, almacena e preserva a produción intelectual dunha comunidade investigadora. Pode conter distintos tipos de recursos informativos coma teses, preprints, postprints, informes, materiais de ensinanza etc. en acceso libre. De acordo coa Declaración de Berlín os repositorios deberán ser acumulativos e perpetuos.

Teñen a súa orixe na denominada ruta verde da ciencia, xurdido despois da Declaración de Budapest (14 de febreiro de 2002). Nela o comité directivo da Budapest Open Access Initiative (BOAI) fai novas recomendacións en apoio á práctica do acceso aberto na ciencia.

Estes repositorios institucionais son un servizo ofertado polas universidades e organismos adicados á investigación e poden constituír coleccións dixitais sempre e cando dispoñan de:

unha colección organizada de obxectos dixitais, na que se poidan realizar procuras de diversa tipoloxía cun software compatible co protocolo OAI-PMH para a facilitar a súa interoperabilidade descrita con metadatos (Dublin Core etc.) que permitan a súa óptima procura na Internet e o enlazado entre obxectos dixitais ten identificadores persistentes (DOI, handle, URI, etc.)

Os exemplos de repositorios institucionais son moi abundantes, como RepositoriUM da Universidade do MinhoRepositorium. ou Digital Academic Repositories (DARE) da Universidade de Ámsterdam.DARE . Consultado o 20 de marzo de 2019

En Galicia cómpre sinalar os repositorios Investigo, da Universidade de Vigo; o RUC, da Universidade da Coruña e o repositorio Minerva, da Universidade de Santiago de Compostela ou mesmo o RUNA, do SERGAS.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Administración Categoría:Biblioteconomía Categoría:Arte e Cultura