Labuat é o nome do proxecto musical formado por Virginia Maestro, The Pinker Tones e Risto Mejide.

Historia Nome e fundación Unha parte do proxecto nace da man de Risto Mejide, quen compuxo unhas cancións para que as gravase unha voz feminina e as producise The Pinker Tones. Mejide non achou a voz axeitada até que escoitou a Virginia Maestro no casting de Operación Triunfo 2008. Namentres ela estaba na academia, el xa chegara a un acordo con Sony BMG para publicaren o disco inda que non gañase o concurso.

Na festa que se celebrou despois da final do programa, Risto Mejide faloulle a Virginia das cancións e pediulle o seu número de teléfono para lle facer unha proposta. Dous días despois, Virginia foi á súa casa para escoitar as maquetas e viu nunha mesa unha foto súa na que puña Labuat, nome co que se sentiu identificada ó saber o seu significado.

A produción do disco comezou cando The Pinker Tones pedironlle a Virginia unha lista das súas referencias musicais.

2009: Álbum debut

O 5 de decembro de 2008 anunciouse publicamente o nome do proxecto. En febreiro do 2009 confirmouse que o disco estaría composto por Risto Mejide, bardante dúas cancións (Carta de otoño, composta por Virginia Maestro; e Al margen, música composta por Risto Mejide e letra por Virginia), que os produtores serían o dúo The Pinker Tones e que o primeiro sinxelo levaría por título "Soy tu aire".Virginia de 'OT' ahora es Labuat y presenta el disco compuesto por Risto O proxecto presentouse oficialmente ós medios nunha rolda de prensa celebrada no Círculo de Belas Artes de Madrid.

Finalmente o disco, de título homónimo, púxose á venda o 24 de febreiro, logrando chegar na súa primeira semana ó número 2 de Promusicae.Labuat debuta como segundo disco más vendido en España Europa FM.com En marzo publicouse unha edición deluxeEdición deluxe del álbum de "Labuat" a la venta el 17 de Marzo Labuat.com e unha edición en vinilo.

Discografía

Álbums de estudio

Labuat (2009)

Sinxelos

Soy tu aire (2009) De pequeño (2009)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Virginia Maestro

Ligazóns externas Páxina oficial de Labuat

Categoría:Grupos musicais de España