Pro Evolution Soccer 2009, coñecido abreviadamente como PES 2009 é un videoxogo da serie Pro Evolution Soccer de Konami. As primeiras imaxes do xogo foron mostradas o 23 de xuño de 2008. Lanzado para os seguintes sistemas: Windows (PC), Wii, Nintendo DS, PlayStation 3, PlayStation 2, PlayStation Portable e Xbox 360. Modos de xogo Exhibición: o modo mais común do PES 2009. O usuario debe elixir un equipo e un contrincante para xogar un partido de 5 a 30 minutos onde pode tamén pode facer a escolla das condicións meteorolóxicos e outras variábeis. Liga e Copa: dous clásicos modos onde se compite xogando nunha das 5 ligas posíbeis. Devén unha Lenda: novo modo no que o usuario debe guiar un xogador até a gloria. Lendas: versión online do derradeiro punto. Liga Máster: o modo representativo da saga Konami.

UEFA Champions League: Enfronta o club de elección do usuario contra a elite do fútbol europeo. O sistema de xogo é o habitual da champions league cos 32 equipos que participan nunha fase inicial de 8 grupos, con 4 equipos por grupo, clasificándose a oitavos de final os 2 primeiros de cada grupo. A novidade deste modo é que ten moitas das características do certame europeo: marcadores, vallas e publicidade, logos, e mesmo emula a inauguración de cada partido de Champions League nos cales é típico pendurar dende o alto do estadio teas cos patróns de deseño dos escudos dos equipos que xogarán.

Crítica e vendas As críticas da prensa foron xeralmente boas, pero inferiores ás obtidas en edicións anteriores da serie Pro Evolution Soccer (por exemplo a edición do 2007 recibiu en Metacritic un 88 e a versión de 2009 un 79). Para as distintas versións do xogo as cualificacións e vendas foron: PlayStation 3: un 77 en Metacritic e preto de dous millóns de xogos vendidos segundo VGChartzhttp://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26632&region=All. Playstation 2: obtibo un 72 en Metacritic e vendeu preto de dous millóns de exemplareshttp://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26633&region=All. Playstation Portable: obtivo un 75 e vendeu aproximadamente medio millón de copiashttp://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26636&region=All. PC: obtivo un 79. Xbox 360: obtivo un 74 e vendeu preto dun millón de exemplareshttp://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26634&region=All. Wii: foi a versión mellor valorada, cun 85 ademais da máis moderna, xa que saíu a comezos do ano 2009, a diferenza do resto, que saíu a finais do 2008. Vendeu 190.000 copiashttp://www.vgchartz.com/games/game.php?id=26635&region=All, sendo a menos vendida de todas as versións.

Notas

Categoría:Videoxogos de 2008 Categoría:Pro Evolution Soccer