As Dezasete Provincias é a denominación que se outorgou aos dezasete territorios da rexión dos Países Baixos (Nerderlanden ou Lage Landen) que formaron unha entidade territorial vinculada á dinastía Habsburgo durante o século XVI; e que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Norte de Francia) e unha pequena parte do Oeste de Alemaña.

Composición O mapa (Low coutries, 1477) corresponde ás seguintes provincias:

15px Condado de Artois 15px Condado de Flandres, incluíndo os Burgrave de Lille, Douai, Orchies e Señorío de Tournai 15px Señorío de Malinas 15px Condado de Namur 15px Condado de Hainaut 15px Condado de Zelandia 15px Condado de Holanda 15px Ducado de Brabante, incluíndo o Margrave de Anveres, os condados de Leuven e Bruxelas 15px Ducado de Limburgo, incluíndo os condados de Dalhem e Valkenburg o señorío de Herzogenrath 15px Ducado de Luxemburgo 15px Príncipe-Bispado de Utrecht, máis tarde Señorío de Utrecht 15px Señorío de Frisia 15px Ducado de Gueldria e Condado de Zutphen 15px Señorío de Groninga Ommelanden 15px Señoríos de Drenthe, Lingen, Wedde, e Westerwolde 15px Señorío de Overijssel

Non sempre as Dezasete Provincias foron as mesmas, sendo representadas no Estados Xerais dos Países Baixos de diferentes xeitos, incluíndose ás veces algunhas provincias dentro doutras. Por exemplo, nos últimos anos o Condado de Zutphen converteuse en parte do Ducado de Gueldria, e o Ducado de Limburgo dependía do Ducado de Brabante. Por outra banda, as cidades francófonas de Flandres ás veces tamén foron recoñecidas como unha provincia.

Ademais, houbo unha serie de feudos da rexión que non chegaron a formar parte das Dezasete Provincias. O maior deles foi o Prince-Bispado de Liexa (a zona verde no mapa), que incluía o Condado de Horne. No norte, tamén houbo algunhas entidades máis pequenas como a Illa de Ameland, que chegou a manter os seus propios señores até a Revolución Francesa.

Así pois os historiadores manexan distintas variacións da lista. O número de pronvincias probabelmente puido ser elixido debido á súa connotación cristiá.

Desenvolvemento histórico Formación En 1549, estabeleceuse na Pragmática Sanción que os territorios dos Países Baixos formarían unha entidade territorial indivisible, as Dezasete Provincias, que sería herdada polo mesmo monarca, o Señor dos Países Baixos (Heer der Nederlanden).

Desta forma, o Señor dos Países Baixos é unha forma descritiva para designar ao soberano dos territorios das Dezasete Provincias, e que englobaba os títulos de Duque de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo e Gueldria, conde de Flandres, Artois, Hainaut, Holanda, Zelandia, Namur e Zutphen, Margrave do Sacro Imperio Romano, Señor de Frisia, Malinas, e das cidades, pobos e terras de Utrecht, Overijssel e Groninga.

O 25 de outubro de 1555, o emperador Carlos V abdicou en favor do seu fillo Filipe a xefatura de Orde do Vélaro de ouro, o ducado de Borgoña e por tanto, os dezasete territorios dos Países Baixos.

A Guerra de Flandres

miniatura|esquerda|140px|Unión de Utrech e Unión de Arrás (1579) Dentro da monarquía hispánica, os Países Baixos ofrecían unha boa vitalidade económica, cunha asentada clase mercantil, así que os intentos de incrementar os impostos para sufragar as guerras, a defensa dos seus privilexios e a difusión do calvinismo creou un foco de resistencia que conduciu á rebelión xeral na zona contra a política española.

En 1568, comezou a rebelión nos Países Baixos, que daría lugar Guerra dos Oitenta Anos. O 5 de xaneiro de 1579, os Católicos formaron a Unión de Arras, coas provincias de Artois, Hainaut e parte de Flandres (Lille, Douai e Orchies). Os Protestantes en contraposición constituíron o 23 de xaneiro a Unión de Utrecht con Holanda, Zelandia, Utrecht, Gueldria, Groniga, e posteriormente cidades de Brabante e Flandres.

O 26 de xullo de 1581, as provincias de Brabante, Gueldria, Zutphen, Holanda, Zelandia, Frisia, Malinas e Utrech,Transcrición da Acta de Abxuración. anularon nos Estados Xerais a súa vinculación co Rei de España Filipe II, polo Acta de Abxuración, e elixiron como soberano a Francisco de Anjou.

Porén, legalmente Filipe II non renunciou a eses territorios, e o gobernador dos Países Baixos Alexandre Farnesio iniciou a contraofensiva, recuperando á obediencia do rei de España Filipe II gran parte do territorio,WHKMLA History of the Netherlands - The Dutch Revolt, 1572-1609 especialmente tralo asedio de Anveres, mais parte deles volvéronse a perder trala campaña de Mauricio de Nassau.

Antes da morte do Rei de España, o territorio dos Países Baixos, en teoría as Dezasete Provincias, non pasou ao seu fillo Filipe III, senón conxuntamente á súa filla, Sabela Clara Euxenia, e o seu xenro o arquiduque Alberte de Austria pola Acta de Cesión do 6 de maio de 1598.Historia xeral de España, Juan de Mariana (1820)

180px|miniatura|Os Países Baixos coa liña delimitadora da Tregua dos doce anos Os tratados de paz con Francia (1598) e con Inglaterra (1604) e o esgotamento pola guerra levaron ao establecemento da tregua dos doce anos.

Escisión Na práctica os territorios do norte formaban as Provincias Unidas: Holanda, Zelandia, Utrecht, Gueldria (con Zutphen), Overijssel (con Drente), Frisia e Groniga, ademais dos territorios da Xeneralidade (partes de Brabante, Flandres e Limburgo). E os territorios do sur baixo a soberanía dos Habsburgo, formaron os Países Baixos españois: Flandres, Artois, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Brabante, Anveres, Malinas e Limburgo. Isto reflectiuse nos Estados Xerais xa que na parte norte establecéronse na Haia e na parte sur en Bruxelas.

Deste xeito pola Acta de Abxuración de 1581 e a Tregua dos doce anos de 1609 formáronse dúas entidades políticas: ao norte, as Provincias Unidas e ao sur os Países Baixos españois. E pode darse por finalizado o período propiamente histórico das Dezasete Provincias e iníciase o dos Países Baixos dos Habsburgo ao sur do territorio, e as Provincias Unidas ao norte do territorio.

En 1621, morreu o arquiduque Alberte sen ter descendencia, e pola Acta de Cesión de 1598, a pretendida soberanía sobre as 17 provincias (de feito a parte sur soamente), pasou ao rei de España e sobriño de Sabela Clara Euxenia, Filipe IV, o que coincidiu co final da tregua e o comezo da Guerra dos Trinta Anos.

Finalmente, tras unha guerra infrutuosa, o 30 de xaneiro de 1648, no tratado de Münster, España recoñeceu a total independencia da República das Provincias Unidas e o Rei eliminou dos seu títulos o de Conde de Holanda, Zelandia e Zutphen,Señor de Frisia e das cidades, pobos e terras de Utrech, Overijssel e Groninga. Con este acto España recoñecía definitivamente a extinción das Dezasete Provincias.

Escudos

Notas

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia dos Países Baixos Categoría:Historia de Bélxica