Economía de KirguizistánMoeda Som kirguizOrganizacións comerciais de que fai parte OMC, CEI, ECO, EURASECDatos estatísticosPIB US$ 11,41 mil millóns (2008)PIB (posición) 141ª no mundo% de crecemento PIB 6% (2008)PIB per cápita US$ 2 100 (2008)PIB por sector agricultura 32,4%, industria 18,8%, comercio e servizos 49% (2008)Inflación anual 22,5% (2008)Poboación abaixo da liña da pobreza 40%http://globaledge.msu.edu/countryInsights/statistics.asp?countryID=191®ionID=3 (2004)Total da forza de traballo 2,7 millóns (2000)% traballadores por sector agricultura 48%, industria 12,5%, comercio e servizos 39,5% (2005)Desemprego 18% (2008)Principais industrias pequenas máquinas, téxtiles, procesamento de alimentos, cemento, calzados, madeira serrada, frigoríficos, móbiles, motores eléctricos, ouro, metais de terras raras Parcerías comerciaisExportacións (US$) 1 676 millóns f.o.b. (2008)Principais produtos exportados algodón, la, carne, tabaco, mercurio, ouro, uranio, gas natural, enerxía eléctrica, máquinas, calzadosPrincipais mercados Rusia 20,7%, Suíza 19,9%, Kazakhstán 18%, Afganistán 10,4%, Uzbekistán 7,6%, China 5,5% (2007)Importacións (US$) 3 476 millóns (2008)Principais produtos importados petróleo e gas natural, máquinas e equipamentos, produtos químicos, alimentosPrincipais parceirosRusia 40,5%, China 14,7%, Kazakhstán 12,9%, Uzbekistán 5% (2007) Finanzas públicasDébeda externa US$ 2 966 millóns (2007)Receitas (US$) 1 170 millónsDespesas (US$) 1 192 millónsAxuda económica recibida (US$) 268,5 millóns, dos Estados Unidos (2005)
A agricultura e a gandaría foron predominantes na economía do Kirguizistán ata que a industrialización promovida por sucesivos gobernos modificou a estrutura económica en case todos os antigos territorios da Unión Soviética. Malia todo, a agricultura e a gandaría constitúen máis da metade do emprego da poboación activa, e ao redor dun 40 por cento do Produto interno bruto. En todo o país, especialmente nas zonas accidentadas, dáse especialmente a gandaría (ovellas, cabalos e bovinos). Nas zonas máis baixas e planas, existe un forte sector agrícola do algodón, e froitas, resultado dunha irrigación extensiva. Tamén se cultivan tabaco, seda e flor de opio.
Actualmente, máis do 20 por cento do PIB do Kirguizistán provén do sector industrial, especialmente relacionado co gran potencial mineiro das súas terras. A extracción mineira de ouro, carbón, antimonio e uranio, entre outros, supuxo un importante acicate para a rápida industrialización. Existen ademais, depósitos de petróleo e gas natural, descubertos recentemente no val de Fergana, pero non conseguen satisfacer a demanda interna. A industria transformadora do coiro, la e carne é relativamente importante.
O goberno fixo un grande esforzo para reducir o déficit fiscal, que case chegou a cero o 2006, antes dun forte aumento das despesas entre 2007-2008.
Notas
Kirguizistán Categoría:Kirguizistán