Leni Larsen Kaurin, nada o 21 de marzo de 1981 en Skarbøvik, Ålesund, é unha futbolista norueguesa que xoga (en 2010) no equipo alemán do FFC Turbine Potsdam e na selección nacional de Noruega, seleccionada 37 veces coas seleccións inferiores debutou na absoluta en 2001.
Traxectoria Kaurin comezou a xogar no principal equipo feminino noruegués, o Asker Fotball, en 1998 con tempadas no Team Strømmen FK, previamente fora xogadora do Karbøvik IF e do Fortuna Ålesund. No ano 2006 comezou a xogar regularmente na liga norueguesa e en setembro de 2007 xogou un papel destacado no Mundial de Fútbol Feminino da China, onde o equipo nacional quedou en cuarto lugar. Nos Xogos Olímpicos de 2008 marcou o primeiro gol da selección norueguesa o 6 de agosto de 2008 ós 61 segundos do partido contra os Estados Unidos, o que o converteu no gol máis tempraneiro da historia do fútbol olímpico ata que seis días despois Heather O'Reilly bateu o récord.
Categoría:Nados en Ålesund Categoría:Nados en 1971 Categoría:Xogadoras da selección de fútbol de Noruega Categoría:Futbolistas olímpicos de Noruega Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008