Ptah na relixión exipcia era o deus creador do mundo, protector de artistas, artesáns, escultores e construtores, e tiña a súa morada en Menfis, a primeira capital política do Antigo Exipto, uns 24 km ao sur do Cairo.

Adoración e culto na relixión exipcia Ptah é unha das divindades máis antigas e importantes do panteón exipcio e foi adorado como o deus principal. Segundo o mito, Ptah creou todo, desde os seres humanos até as outras deidades, utilizando o seu corazón e o poder da palabra para materializar o mundo.

Ptah tamén estaba vinculado con aspectos mortuorios, a miúdo representado cunha envoltura branca que alude ás prácticas de momificación.

Fusións Foi parte de varias fusións e asociacións divinas que reflicten a adaptabilidade e volubilidade da relixión exipcia, como as tríades con Sekhmet e Nefertum, e as fusións divinas Amon-Rá-Ptah e Ptah-Sokar-Osiris, que ilustran a capacidade de adaptación e integración entre deidades con atributos compartidos, especialmente relacionados coa resurrección e o alén.

Cando Imhotep foi deificado, foi tamén considerado fillo de Ptah.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Deuses exipcios Categoría:Deuses creadores Categoría:Deuses da fertilidade Categoría:Deuses solares