Serafín Fanjul García, nado en Madrid en 1945, é un arabista español.

Traxectoria Doutorado en Filosofía e Letras Árabes e Semitas pola Universidade Complutense de Madrid. É de tendencias conservadoras e un dos personaxes máis críticos co que o nacionalismo español considera os nacionalismos periféricos"Nacionalistas" Libertad Digital, 21-9-2007..

No aspecto académico considérase discípulo de Emilio García Gómez. Foi, por outra banda, director do Centro Cultural Hispánico do Cairo e é actualmente catedrático de Literatura árabe na Universidade Autónoma de Madrid. Tamén colabora como columnista no xornal ABC e no diario electrónico Libertad Digital.

Notas

Categoría:Lingüistas de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en 1945 Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Catedráticos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Madrid