miniatura|300px|Castañas.
A seguir recóllese a pegada da castaña e do castiñeiro na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Tamén, por similitude, se inclúe algunha información sobre o castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastanum).
O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns. A denominación abundancial máis común é a de souto, pero tamén temos castañal, castañar, castañeira, castañeiro, castiñeiral, soutelo e tropezal.
A castaña ten tamén os nomes de baloca, bullote, cagoxa e croca; cando caen de seu ó chan xa maduras, denomínanse degaros, restelas ou restrelos (tamén castañas degaradas, degraídas, de restelo ou de restrelo). Algunhas castañas quedan abortadas ou malogradas dentro do ourizo: son as bolercas, castañas bolercas ou croucos; estas destínanse á ceba do porco.
Recóllense vareando os castiñeiros cuns paus longos ou lanzando contra as pólas uns paus pequenos (rebolos), de forma que os ourizos caen ó chan, de onde se recollen e se amorean ou se poñen a secar nas ouriceiras. Cando os ourizos secan e abren, extráense as castañas (operación que se chama a bulla ou petela).
As castañas cocidas con casca denomínanse mamotas ou zonchos. Acostuman cocerse con sal e unhas herbas, normalmente fiúncho e nébeda, para seren máis dixestíbeis.
Outra forma de comer as castañas é deixándoas secar no caínzo ou fumeiro, ó fume da lareira. Son as castañas maias, maiolas ou castañas do canizo A estas castañas refírese a cantiga popular Santo que estás no canizo, bota castañas abaixo; bótamas das milloriñas, que polas ruís non me abaixo., que se comen logo, secas e peladas, en forma de caldo de castañas
Crenzas e supersticións miniatura|250px|Castiñeiro En Galicia crese que a sombra do castiñeiro, por ser húmida e fría, fai dano a quen se deite baixo ela; tamén son malas a da nogueira ou a da figueira A sombra da figueira parece ser a peor de todas, tanto Galicia como no resto de España: La sombra de la higuera mata a cualquiera.. Pola contra, a do carballo, do eucalipto, do piñeiro e doutras árbores é boa Vicente Risco (1962), 278.. Así mesmo, pódese coller unha catarreira por comer castañas.
Segundo recolle Rivas Quintas Elixio Rivas Quintas (1978). dise tamén (por Ourense e algunhas zonas de Pontevedra) que se os rapaces comen castañas frescas, sen quitarles o embrión, naceranlles piollos En Asturias, isto pasa se se comen as castañas verdes.. Noutros lugares din que, se se comen as primeiras castañas que dea un castiñeiro novo, xa non dará nunca máis, polo que as deixan secar na árbore; en Marín concretan esta prohibición nas mulleres: se son elas as que comen esas primeiras castañas, no futuro dará froito un ano si e outro non, pero se as come un home non haberá problema, quizais resto da tradición da árbore prohibida.
A lúa de marzo é a mellor para podar as árbores, os castiñeiros en minguante e os carballos en crecente.
Contra as queimuras de estómago (acedía, acía, ardentía, escaldacio) aconséllase roer en cru unha castaña virxe ou que estivera soa no ourizo da castaña Eladio Rodríguez González, s. v. acedía.. Para evitar a reuma é bo levar colgada do pescozo unha bolsa cunha imaxe da Virxe, pelo de teixugo, tres grans de trigo, unha codia de pan e unha castaña Mariño Ferro (1985), 259-260..
O magosto
miniatura|250px|Un magosto. Directamente relacionado coas castañas temos en Galicia a celebración do magosto, nos primeiros días de novembro. O concepto de magosto designa tanto a preparación e comida colectiva das castañas nestas festas como o conxunto de castañas recollidas e preparadas para tal ocasión e mesmo a propia fogueira que se fai para asalas. Durante o magosto aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.
Tan identificado está novembro coas castañas que no Incio e en Quiroga chaman Castañal ó propio mes Apéndice a Eladio Rodríguez González..
Léxico derivado Castaña: vulva Constantino García González, s. v. castaña.. Castaña: moño ou rodete que as mulleres fan na parte posterior da cabeza. Castaña: noz de Adán, prominencia que forman as cartilaxes da larinxe na cara anterior do pescozo dos varóns . Castañal: variedade de uva . Auga de castañas: aplícase á chuvia miúda que molla sen remedio Constantino García González, s. v. auga.. Auga de castañas: aplícase tamén a un café de mala calidade, pouco cargado, sen aroma Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. Quedar en auga de castañas: non producir un beneficio relevante. Herba castaña (ou herba das castañas): certa herba medicinal.
Lémbrese que durante os primeiros tempos do cultivo das patacas en Galicia, estas recibiron os nomes de castañas da terra, castañas mariñas ou, simplemente, castañas. Así mesmo, castañal designaba un campo de patacas . Nun documento que recollen os décimos do mosteiro de Santo Antuíño de Toques (A Coruña), escrito polo Prior no 1752, pode lerse: "Llevamos los diezmos enteros de todo fruto sino de habas y castañas mariñas o patatas, que también ocupan la tierra".
Locucións Darlle castaña a un: enganar a alguén, darlle gato por lebre. Estralar como unha castaña: facer alguén algo totalmente inesperado. Forte como un castiñeiro: de gran forza e resistencia no traballo. Tamén, en bo estado de saúde. Parecerse como un ovo a unha castaña: semellar pouco ou nada unha cousa a outra que nos queren mostrar como equivalentes Eladio Rodríguez González, s. v. ovo.. Sacarlle as castañas do lume a alguén: solucionar unha situación apurada a outro, solucionarlle os seus problemas. Ser tan honrado o caldo coma as castañas: tanto ten un coma outro, ser tal para cal dúas persoas ou dúas opcións. Úsase adoito con sentido pexorativo. Xente das castañas: fato de xente á que se lle quere negar importancia.
Refraneiro miniatura|250px|A castaña e o besugo, en febreiro están en zugo. A castaña e o besugo, en febreiro están en zugo Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro. No texto: i o besugo.. A castaña e o besugo, en febreiro non teñen zugo Lino Lema Bouzas, 1.. A castaña e o besugo, no febreiro non ten zugo. A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber. A castaña no agosto quer beber e no setembro comer. A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber. A castaña no agosto quere beber e no setembro comer. A castaña no nadal, sabe ben e parte mal. A castaña que está no camiño é do veciño. A castaña quere en agosto arder e en setembro beber. Ano de moitos ourizos desfai os canizos. As castañas do castiñeiro hai que asalas no asadeiro. As castañas están caendo e estanse facendo. Ata o san Martiño, inda pinga o ramalliño; despois de san Martiño, fame e frío. Boira por San Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruísElixio Rivas Quintas (2001). Candea aberta, seitura certa.Elixio Rivas Quintas: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca (1978), s. v. candea. Recólleo en Xunqueira de Espadanedo (Ourense) advirtindo de que cando están desenvolvidos os amentos dos castiñeiros, a sega do pan vén axiña. Cando vires a candea no castiñeiro, leva a ovella ó carneiro.Eladio Rodríguez González, s. v. candea. Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal. Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño. Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai ruín viño Clodio González Pérez, 145.Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: saladas, n'hai.. Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín Lino Lema Bouzas, 3.. En agosto, as castañas arder e en setembro beber Real Academia Galega, s. v. agosto.. En ano de ourizo non fagas canizo. En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro. Furtando unha castaña e outra castaña, faise mala maña. Habendo neboeira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e nabos ruís San Pedro Fiel é unha aglutinación de San Pedro in Vincula e de San Fins, que se celebran conxuntamente o 1º de agosto.. Hastra o San Martiño inda pinga o ramalliño; dispois do San Martiño, fame e frío Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.. Niebla no San Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruís Ver nota a Habendo neboeirao día de San Pedro Fiel..... Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas Eladio Rodríguez González, s. v. viño.. Non quero pereira, quero castiñeiros para ter castañas o ano enteiro. O castiñeiro, na man no burato, e o carballo no carro. O que non sabe a maña, non come castaña. O que non sabe de mañas, non come castañas. O que non ten mañas, non come castañas. Para o ruín porco sempre hai unha boa castaña. Polo san Martiño, castañas e viño. Por Pascuas de Resurrección tres cousas teñen sazón: sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación. miniatura|250px|Temperá é a castaña que por setembro regaña. Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto . Por san Quintín castañas ó rolín San Quintín, 31 de outubro. Pro ruín porco sempre hai unha boa castaña Eladio Rodríguez González, s. v. porco.. ¿Quen vos trouxo os meus odres? Castañas asadas e sardiñas podres. Sardiñas salgadas, castañas asadas e confesión, antes das Páscoas de Resurrección Lino Lema Bouzas, 9. No orixinal: saladas.. Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís. Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas malas e bolecos ruís Bolecas son as castañas que quedan ocas, coa casca sen froito.. Se hai neboeiro día San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns. Se o mes de agosto vén craro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.. Se chove o día de San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís Este é San Pedro ad víncula, que se celebra o 1º de agosto. Como coincide coa festa de San Fiz naceu esta aglutinación de San Pedro Fiz (noutros casos san Pedro Cid ou san Pedro Fiel). Se chove o día de San Pedro Fiz, castañas malas e bolecos ruís Bolecos ou bolecas son as castañas abortadas, malogradas. Se hai neboeiro día de San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns. Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo e se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados. Sempre ó porco máis ruín halle tocar unha castaña boa. Sempre o porco ruín ha topar cunha boa castaña. Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña. Tan honrado é o caldo coma as castañas Tan mala é unha cousa como a outra. José María Pereda Álvarez (1953).. Temperá é a castaña que por setembro regaña.
Cantigueiro A castaña no ourizo/ eu ben che sei o que fai,/ si é que está verde, madura,/ e si está madura, cai. A castaña no ourizo/ quixo rir e rebentou,/ caieu do castiro abaixo/ mira que tombo levou. A castaña no ourizo,/ quixo rir e regañou,/ caeu do castiñeiro abaixo,/ vaia tombo que levou. A castaña saiu podre,/ mozos de Nigueiroá;/ a castaña saiu podre,/ outra boa sairá Santiago de Nigueiroá é parroquia do concello de Bande. Xaquín Lorenzo Fernández, 29.. Acabáronse as vendimas,/ aí veñen as esfolladas/ para comer coas nenas/ catro castañas asadas. Acabáronse as vendimas,/ e veñen as esfolladas,/ para comer coas mozas/ catro castañas asadas. ¡Ai, miña nai, que me morro!/ Miña filla, confesión:/ as castañas que comiche/ ¿de que castañeiro son? Saudade nº 4, xullo 1943, 30.. As castañas son castañas,/ os orizos son orizos,/ os ollos da túa cara/ para min son dous feitizos. Bota castañas abaixo;/ qu'o demo do meu amor/ hastra no mirar é falso. miniatura|250px|Candeas ou galiñas dun castiñeiro. Bugallos nun castiñeiro/ foi cousa que nunca vin;/ gabácheste que te quixen/ i eu nunca te pretendín Xaquín Lorenzo Fernández, 54.. Canta rula, canta rula,/ por riba dun castiñeiro;/ xa non quero máis amores/ con ningún mozo gaiteiro Xaquín Lorenzo Fernández, 58. No orixinal: de un.. Castiñeiro, dás castañas/ que eu ben che vexo as candeas;/ ao te ver falar con outro/ sáltame o sangue nas veas Xaquín Lorenzo Fernández, 61..